Alberto Unamunzaga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1975 (48 anos) Eibar, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Eusko Alkartasuna Amaiur (coalición) |
Alberto Unamunzaga Osoro, nado en Éibar, Guipúscoa, o 5 de decembro de 1975, é un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca. Membro de Eusko Alkartasuna, foi senador nas Cortes Xerais durante a X lexislatura.
Biografía
[editar | editar a fonte]Natural da localidade de Éibar onde naceu en 1975, Alberto Unamunzaga está licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade de Deusto. A súa carreira política iniciouse en 1998 cando se afiliou a Eusko Alkartasuna (EA).
Ocupou cargos internos no seu partido político, sendo secretario de política institucional da Executiva Nacional entre 2003 e 2007 e presidente da Asemblea Nacional entre 2008 e 2011.
Entre xuño de 2009 e maio de 2011 traballou como asesor do grupo municipal de Eusko Alkartasuna no Concello de San Sebastián. Tras as eleccións municipais e forais de maio de 2011 pasou a ocupar un posto de designación directa (funcionario interino) como secretario da Presidencia das Xuntas Xerais de Guipúscoa. Cando foi elixido senador cesou deste posto por incompatibilidade co seu novo cargo.
Nas eleccións de 2011 foi elixido senador por Guipúscoa, como parte da coalición Amaiur, que agrupaba ao seu partido político xunto con Aralar, Alternatiba e independentes afíns á esquerda abertzale. Dentro do Senado ocupou o cargo de Voceiro do Grupo Mixto, que é rotatorio entre as diferentes formacións que integran devandito grupo.