Alberto Armesto García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Armesto García
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata (104 anos)
Maceda, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Alberto Armesto García, nado en Maceda o 18 de xaneiro de 1920, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era zapateiro. En 1935 ingresou na Juventud Comunista de Ourense, e cando en 1936 se formaron as Juventudes Socialistas Unificadas, foi o seu secretario de propaganda. Foi atendido dunha ferida na perna no Cuarto de Socorro de Ourense o 18 de xullo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi detido o 25 de decembro.[2] Xulgado o 22 de novembro de 1937, foi condenado a 24 anos de prisión. En 1939 estaba preso na Prisión Provincial de Ourense[3] onde permaneceu até 1943. Intentou fugarse o 11 de setembro co médico Enrique Robles Soldevilla, e como castigo foi trasladado ao Penal de Castigo del Coto (Xixón). Estivo recluído no Penal del Coto ata que grazas ao indulto do 9 de outubro de 1945 saíu en liberdade provisional o 22 de novembro. Polas súas actividades políticas, foi decretada a súa detención o 15 de setembro de 1947. Fuxiu a Portugal a principios de outubro con Manuel López Santos e Francisco Doval Fernández. Detido, estivo preso no cárcere lisboeta de Forte de Caixas. Conseguiu o permiso para emigrar a Guatemala e en xuño de 1948 saíu para ese país vía Nova York e México. De alí pasou a Venezuela. As últimas novas que se teñen del sitúano como adiviño de certa fama no Perú.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 19-7-1936, p. 9.
  2. "Base de datos da Represión en Ourense". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2014. 
  3. "La fiesta del domingo en la Prisión Provincial" en La Región, 26-9-1939, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Trasterrados. Dicionario do exilio galego. Santiago de Compostela: Galicia Hoxe. 2005. p. 21. ISBN 84-8064-151-7. 
  • Taracena Arriola, Arturo (2017). Guatemala, la República Española y el Gobierno Vasco en el exilio (1944-1954). Ciudad de México: UNAM. pp. 179–180. ISBN 978-607-02-9907-0.