Alba Lago Díaz
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Alba Lago Díaz | |
---|---|
Nacemento | 1985 |
Lugar de nacemento | Vigo, Pontevedra, ![]() |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | xornalista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alba Lago Díaz, nada en Vigo en 1985, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo[1], comezou a súa andaina dentro da TVG colaborando con presentadores tales como Xosé Manuel Piñeiro, no programa Acompáñenos. Pasou por televisións de ámbito estatal como Marca TV, La Sexta ou Informativos Telecinco. En 2013 colaborou habitualmente no programa de Xosé Antonio Touriñán Tourilandia, na TVG. Dende 2016, presenta o informativo matinal de Telecinco.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Alba Lago, la chica que pudo ser Cristina Pedroche". HOLA USA (en castelán). Consultado o 2017-04-13.