Alan Sugar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alan Sugar
Sir Alan Sugar at the BAFTA's crop.jpg
Nome completoAlan Michael Sugar
Nacemento24 de marzo de 1947
 Hackney
NacionalidadeReino Unido
Relixiónateísmo
Ocupaciónemprendedor, político, autobiógrafo, empresario e informático teórico
CónxuxeAnn Simons
PremiosKnight Bachelor
editar datos en Wikidata ]

Alan Michael Sugar, Baron Sugar, nado en Hackney (Londres) o 24 de marzo de 1947 é un magnate dos negocios, personalidade dos medios, político e conselleiro británico.[1][2] En 1968, comezou o que se converteu no seu maior negocio, a compañía de consumibles electrónicos Amstrad (Alan Michael Sugar Trading). En 2007, vendeu os últimos intereses na compañía nun acordo con BSkyB por 125 millóns de libras.[3]

Sugar foi presidente e copropietario do Tottenham Hotspur entre 1991 e 2001; vendeu o resto das súas accións no club en 2007 por 25 millóns de libras.[3] Aparece na serie de televisión da BBC The Apprentice, que se emite anualmente dende 2005.

Segundo a listaxe de ricos de Sunday Times, Sugar converteuse en milmillonario en 2015. En 2016 tiña unha fortuna estimada en 1150 millóns de libras, clasificándoo como a 95.ª persoa máis rica do Reino Unido.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sugar naceu en Hackney, East London, nunha familia xudía.[5] O seu pai, Nathan, era xastre nunha industria téxtil do East End.[6] Os seus avós maternos naceran en Rusia e o seu avó paterno en Polonia. A avoa paterna de Sugar, Sarah Sugar, naceu en Londres de pais polacos.

Cando Sugar era novo, a súa familia vivía nun piso do concello. A causa do seu abondoso e rizado pelo chamárono "Mop head" (“cabeza fregona”), alcume que aínda continúa a empregar.[7] Asistiu á Northwold Primary School e á Brooke House Secondary School de Upper Clapton, Hackney, e fixo cartos extra traballando nunha verdularía.[7] Despois de deixar a escola aos dezaseis anos,[8] traballou por un breve tempo no servizo social como estatístico no ministerio de educación. Comezou a vender antenas de radio para coches e outras mercadorías eléctricas nunha furgoneta que comprou por 50 libras e asegurou por 8. Para poder permitirse isto, renunciou aos seus aforros, que sumaban 100 libras.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Sugar é ateo, mais continúa a estar orgulloso da súa herdanza xudía.[10] Sugar e a súa esposa Ann (de solteira Simons), antiga peiteadora, casaron o 28 de abril de 1968 en Great Portland Street, Londres. Teñen dous fillos e unha filla.[11] A parella vive en Chigwell, Essex.[12][13]

Sugar posúe unha aeronave Cirrus SR22 de catro asentos. Durante un intento de aterraxe en City Airport Manchester o 5 de xullo de 2008, Sugar saíuse da pista tras tomar terra debido ao mal tempo e ao campo mollado. Non houbo feridos, mais o avión foi danado considerablemente e deixouse en terra.[14]

En febreiro de 2009, informouse de que Sugar iniciara un proceso legal contra o xornal The Sun tras unha reportaxe que o mencionara nunha listaxe negra de xudeus británicos en resposta ás operacións militares israelís contra Gaza. [15] As ameazas supostamente foran feitas por Glen Jenvey, fonte da historia de The Sun, que as publicou nunha páxina web musulmá baixo identidade falsa.[16]

En 2015, Sugar tiña unha fortuna estimada de 1040 millóns de libras.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Let's do the business". The Jewish Chronicle. 14 de maio de 2008. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  2. "Sir Alan, you're hired as our rep". The Jewish Chronicle. 19 de maio de 2008. Consultado o 26 de agosto de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "BSkyB agrees £125m Amstrad deal". BBC News. 31 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2008. Consultado o 28 de xaneiro de 2009. 
  4. 4,0 4,1 "The Sunday Times – The Rich List". Consultado o 20 de outubro de 2016. 
  5. Beckford, Martin (9 de maio de 2008). "Sir Alan Sugar fails to make top 100 Jews list". The Daily Telegraph. Consultado o 3 de xuño de 2012. 
  6. "The Lords think I'm a brusque, ignorant cockney", The Daily Telegraph
  7. 7,0 7,1 The Real Alan Sugar. BBC 2. 21 de xaneiro de 2009. 
  8. "The Apprentice – The Board". BBC. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2007. Consultado o 8 de maio de 2007. 
  9. "Alan sugar bio". Virgin. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2007. Consultado o 8 de maio de 2007. 
  10. Wollaston, Sam (25 de marzo de 2009). "Sam Wollaston meets Sir Alan Sugar, star of The Apprentice". The Guardian. Consultado o 10 de xaneiro de 2015. 
  11. Hopps, Kat (22 de xuño de 2019). "Alan Sugar wife: The shocking way he proposed - and the secret to their enduring romance". Express.co.uk (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  12. Naughton, Philippe; Costello, Miles (26 de marzo de 2006). "In the line of fire". The Times (Londres). Consultado o 6 de xullo de 2008. 
  13. What You See Is What You Get: My Autobiography – Alan Sugar (2010)
  14. "Alan Sugar 'survives plane crash'". BBC. 7 de xullo de 2008. Consultado o 29 de marzo de 2012. 
  15. Leigh Holmwood (24 de febreiro de 2009). "Alan Sugar sues Sun over terror splash". The Guardian (Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de marzo de 2009. 
  16. Leigh Holmwood; Stephen Brook (28 de xaneiro de 2009). "Sun front-page story on 'terror target' Sir Alan Sugar under investigation". The Guardian (Reino Unido). Consultado o 26 de marzo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]