Al-Qádir
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1038 |
| Morte | 28 de outubro de 1092 Valencia |
| Causa da morte | homicidio |
| Emir de Balànsiya Taifa de Valencia | |
| 1086 – 1092 | |
| Emir de Tulaytula Taifa de Toledo | |
| 1075 – 1085 ← Al-Mamun de Toledo – Supresión do cargo → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Islam |
| Familia | |
| Familia | Banu Dhi-n-Nun |
| Parentes | Al-Mamun de Toledo, avó |
Yahya ibn Ismail ibn Yahya Al-Qádir, finado o 28 de outubro de 1092, membro da dinastía Banu Di-l-Nun, foi rei do reino taifa de Toledo entre 1075 e 1085 e de Valencia desde 1085 até a súa morte .
Sucedeu no trono ao seu avó Al-Mamún cando este morreu asasinado en 1075.
En 1079 as revoltas na taifa toledana e o acoso que sufría por parte do rei da Taifa de Badaxoz, Al-Mutawakkil que tomou a cidade, fixéronlle fuxir e solicitar a axuda do rei Afonso VI quen acudiu no seu auxilio e aproveitou para facerse coa cidade relegando a Al-Qádir como gobernador de Valencia.
Como gobernador valenciano tivo que enfrontarse ás acometidas do rei da taifa de Zaragoza, Al-Mutamin, polo que novamente solicitou o auxilio de Afonso VI que enviou tropas ao mando de Álvar Fáñez feito que en 1092 provocaría unha revolta popular que depuxo a Al-Qádir e o executou.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía en Biografías y Vidas (en castelán)