Akira (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Akira
Ficha técnica
Título orixinalアキラ - Akira
DirectorKatsuhiro Otomo
ProdutorRyōhei Suzuki
Shunzō Katō
GuiónKatsuhiro Otomo
Izō Hashimoto
Baseado enAkira de Katsuhiro Otomo
IntérpretesMitsuo Iwata
Nozomu Sasaki
Mami Koyama
Tarō Ishida
Mizuho Suzuki
MúsicaShoji Yamashiro
FotografíaKatsuji Misawa
MontaxeTakeshi Seyama
EstudioTMS Entertainment
DistribuidoraToho
Estrea1988
Duración125 minutos
OrixeFlag of Japan.svg Xapón
XéneroAnimación
Orzamento¥1 100 000 000 ($11 000 000)
Recadación¥750 000 000 (só no Xapón)

Akira (アキラ?) (estilizado no Xapón como AKIRA) é un filme de animación xaponés dirixido por Katsuhiro Otomo que foi estreado en 1988. Está baseado no manga Akira do propio Katsuhiro Otomo, centrándose na primeira metade da historia. O guión foi escrito por Otomo e Izo Hashimoto, e as voces de dobraxe son as dos actores Mitsuo Iwata, Nozomu Sasaki, Mami Koyama e Taro Ishida.

O filme representa unha distopía de Toquio no ano 2019, cun estilo ciberpunk. O argumento céntrase no adolescente motorista Tetsuo Shima e os seus poderes psíquicos, e no líder da súa banda de motoristas, Shotaro Kaneda. Kaneda trata de impedirlle a Tetsuo que libere o poder psíquico de Akira. Mentres que o deseño dos personaxes e dos lugares están adaptados a partir do manga épico orixinal, o argumento re-estruturado difire considerablemente da versión manga, prescindindo da parte final.

Fíxose moi popular como filme de culto e está considerado como un gran fito da animación xaponesa.

Argumento[editar | editar a fonte]

Réplica a tamaño real da moto de Kaneda.

Ano 2019. Neo Tokyo é unha cidade construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa destruída trala Terceira Guerra Mundial. Xapón é un país ó bordo do colapso, que sofre continuas crises políticas. En segredo, un equipo de científicos reactivou, por orde do exército, un experimento para atopar individuos que poidan controlar a arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta". Pero os habitantes de Neo Tokyo teñen outras cousas das que preocuparse. Un deles é Kaneda, un rapaz líder dunha banda de motoristas. Durante unha pelexa, o seu mellor amigo, Tetsuo, sofre un estraño accidente e é ingresado nunhas instalacións militares. Alí, os científicos descubrirán que é o posuidor da enerxía absoluta. Pero Tetsuo, que non se resigna a converterse nun coello de indias, e axiña se converterá na ameaza máis grande que o mundo coñeceu xamais.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Akira (アキラ?, codename #28) – O personaxe principal. Akira era un rapaz que desenvolveu poderes psiónicos e outras habilidades cando servía como suxeito de experimentos segredos do goberno nos anos 1980. Perdeu o control do seu poder e provocou a destrución de Tokyo nunha enorme explosión en 1988. Despois do evento apocalíptico, Akira foi recuperado e sometido a todas as probas coñecidas pola ciencia moderna, que se mostraron incapaces de solucionar o misterio. El foi conservado e colocado dentro dunha cámara crioxénica debaixo do Estadio Olímpico de Neo Tokyo.
  • Shotaro Kaneda (金田 正太郎 Kaneda Shōtarō?) - Un líder dunha banda de moteiros da rúa que ten unha moto personalizada. Kaneda e Tetsuo foron os mellores amigos dende a infancia. El é ousado e deixa de provocar a Tetsuo a pesar de sentir afecto por el como un irmán máis novo. Ó rescatar a Kei, Kaneda implícase nas actividades do seu grupo de guerrilleiros anti-goberno coa esperanza de atopar Tetsuo.
  • Tetsuo Shima (島 鉄雄 Shima Tetsuo?) - O mellor amigo de Kaneda dende preescolar e o segundo personaxe principal da historia. Tetsuo móstrase como a ovella negra da banda da que forma parte, e sofre en silencio un complexo de inferioridade fondamente enraizado. Tetsuo admira a Kaneda pero ó mesmo tempo está fortemente resentido con el. Despois da súa manifesta capacidade psicoquinética, Tetsuo convértese axiña en inimigo de Kaneda. Desexa a súa motocicleta (un símbolo de status e poder) e intenta demostrar o poderoso que é. Finalmente, o seu poder supérao.
  • Kei (ケイ?) - Unha moza revolucionario da que Kaneda se namora durante a procura de Tetsuo. Ela é membro dunha facción anti-goberno na que Ryusaku e Nezu tamén están implicados. Inicialmente, non posúe habilidades sobrenaturais, sendo manipulada en varias ocasións polos Espers como unha medium. Pero debido a que o poder dos suxeitos do experimento estaba sendo constantemente canalizado a través dela, consegue os seus propios poderes.
  • Coronel Shikishima (敷島大佐 Shikishima-taisa?) ou simplemente coñecido como O Coronel - O xefe actual do proxecto do goberno que fora responsable de desencadear o poder de Akira trinta anos antes. Aparece como duro e cruel, é, con todo, o suficientemente pragmático como para recoñecer o perigo dos poderes incipientes de Tetsuo. Ten ós tres Espers baixo a súa supervisión.
  • The EspersMasaru (マサル?, codename #27), Takashi (タカシ?, codename #26) e Kiyoko (キヨコ?, codename #25) - Os compañeiros cobaias con poderes psíquicos como Akira. Eles exhiben unha variedade de poderes paranormais que empregan para influír no curso dos acontecementos na medida das súas capacidades. Aínda que individualmente teñen menor forza que Akira ou Tetsuo, os seus esforzos combinados son decisiva no enfrontamento final da historia. Fisicamente, eles semellan nenos con rostros engurrados, cabelo branco e pel azul verdosa.
  • Nezu (根津?) - É o infiltrado no goberno para o movemento de resistencia, e membro do consello executivo parlamentario de Neo-Tokio. Responsable do rapto de Takashi pola resistencia é, con todo, corrupto e sen principios, e axiña se volve contra os seus aliados revolucionarios nun ataque de paranoia durante golpe do coronel.
  • Yamagata (山形?) - Un dos máis prominentes membros da banda de Kaneda. Reprendía moitas veces a Tetsuo en broma. Morre cando os poderes de Tetsuo comezan a xurdir
  • Kai (甲斐?) – Outro membro da banda de Kaneda. Kai desempeña un papel secundario na loita contra Tetsuo. El é amigo íntimo de Yamagata e seguen xuntos cando a cuadrilla se rompe, sendo un dos poucos que sobrevive.
  • Kaori (カオリ?) - Moza de Tetsuo. Ela permanece con Tetsuo mesmo cando a trata de forma abusiva coa esperanza de parecer duro diante dos seus amigos. Cando Tetsuo descarga a súa xenreira sobre Neo-Tokio, ela ségueo, e cando os poderes del causan que o seu corpo se deforme e medre de forma grotesca, ela vese envolta na súa carne e é esmagada.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Dobraxe xaponesa (1988)
Shōtarō Kaneda Mitsuo Iwata
Tetsuo Shima Nozomu Sasaki
Kei (Kay) Mami Koyama
Coronel Tarō Ishida
Doutor Ōnishi Mizuho Suzuki
Ryūsaku (Roy) Tesshō Genda
Kiyoko (No. 25) Sachie Itō
Takashi (No. 26) Tatsuhiko Nakamura
Masaru (No. 27) Kazuhiro Kandō
Kaori Yuriko Fuchizaki
Yamagata (Yama) Masaaki Ōkura
Kai Takeshi Kusao
Nezu Hiroshi Ōtake
Miyako Kōichi Kitamura
Inspector Michihiro Ikemizu
Eiichi Watanabe Tarō Arakawa
Mitsuru Kuwata Yukimasa Kishino
Yūji Takeyama Masato Hirano
Army Kazumi Tanaka
Harukiya Bartender Yōsuke Akimoto

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Akira: Original Soundtrack
Banda sonora de Geinō Yamashirogumi (芸能山城組)
1990
Data de gravación1988
Duración69:36
XéneroBanda sonora, gamelán e noh
Selo discográficoVictor Music Industries, Demon Records/JVC Records
Producido porShoji Yamashiro

AKIRA: Original Soundtrack foi gravada por Geinō Yamashirogumi (芸能山城組). A música foi composta e dirixida por Shoji Yamashiro (alcume de Tsutomu Ōhashi). Contén música que foi gravada outra vez para a estrea. Os temas "Kaneda", "Battle Against Clown" e "Exodus From the Underground Fortress" son en realidade parte dun mesmo ciclo, xa que elementos de "Battle Against Clown" poden escoitarse durante a primeira secuencia do filme. A banda sonora está ordenada na mesma orde que aparece no filme.

Unha segunda banda sonora foi estreada coa música orixinal sen a regravación, e incluía un estudio de personaxes e diálogos.

Suite Sinfónica AKIRA LP

  1. "Kaneda"
  2. "Tetsuo"
  3. "Ohjifuchi"
  4. "Exodus From the Underground Fortress"
  5. "Requiem"

Suite Sinfónica de AKIRA & AKIRA: Original Soundtrack CD

  1. "Kaneda" – 3:10
  2. "Battle Against Clown" – 3:36
  3. "Winds Over Neo-Tokyo" – 2:48
  4. "Tetsuo" – 10:18
  5. "Doll's Polyphony" – 2:55
  6. "Shohmyoh" – 10:10
  7. "Mutation" – 4:50
  8. "Exodus From the Underground Fortress" – 3:18
  9. "Illusion" – 13:56
  10. "Requiem" – 14:20

Lista de reprodución de AKIRA: The Original Japanese Soundtrack

  1. "Kaneda" – 9:56
  2. "Tetsuo 1" – 12:36
  3. "Tetsuo 2" – 12:33
  4. "Akira" – 7:56

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]