Air Seoul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Air Seoul
IATA
RS
OACI
ASV
Indicativo
AIR SEOUL
Fundación7 de abril de 2015
Inicio das operacións11 de xullo de 2016
Aeroporto principalaeroporto de Incheon
Frota6
Destinos16
HoldingAsiana Airlines
Páxina web: https://flyairseoul.com

Air Seoul é unha aeroliña de baixo custo de Corea do Sur subsidiaria de Asiana Airlines. A aeroliña está baseada no aeroporto de Incheon en Seúl, dende o cal opera voos a destinos internacionais. A compañía comezou a operar o día 11 de xullo de 2016.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Dende principios do ano 2014 Asiana Airlines levaba considerando lanzar unha segunda aeroliña de baixo custo ademais de Air Busan. Inicialmente tivo dificultades para continuar co proxecto debido ao accidente do voo 214 de Asiana Airlines en xullo de 2013.[2] Asiana ten só un 46% das accións de Air Busan, mentres que controla totalmente Air Seoul.[3] Air Busan está baseada en Busan, o que permitiu a outras aeroliñas de baixo custo como Jin Air e Jeju Air encher o mercado de Seúl; Air Seoul está baseada en Seúl.[4] Os obxectivos de Air Seoul son reforzar a competencia de Asiana con outras aeroliñas de baixo custo do país e mellorar a actuación da compañía en certos mercados, como o das cidades secundarias xaponesas.[2][4]

A aeroliña foi creada o 7 de abril de 2015.[5] En xuño de 2016 Air Seoul operou voos de proba dentro de Corea do Sur.[6] O 5 de xullo de 2016 Air Seoul recibiu o seu certificado de operador. Os voos entre Seúl-Gimpo e Jeju comezaron o 11 de xullo.[7][8] A aeroliña comezou a voar ao Xapón no mes de outubro, sendo as súas primeiras rutas internacionais,[9] e dende entón converteuse nunha aeroliña puramente internacional.[5]

Frota[editar | editar a fonte]

A321 de Air Seoul

En xaneiro de 2018 a frota de Air Seoul está formada polos seguintes avións:[10]

Frota de Air Seoul
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros[11] Notas
Airbus A321-200 6 195
220
Total 6 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Centre for Aviation (ed.). "Air Seoul launches to support its parent, Asiana. Korea's seventh LCC, Nambu Air, plans start-up". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Centre for Aviation (ed.). "Asiana Airlines' new Seoul-based LCC subsidiary will be closely coordinated with its parent". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  3. The Korean Times (ed.). "Asiana will set up another budget airline". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Centre for Aviation (ed.). "Asiana Airlines Part 1: Air Seoul approval received. Asiana has a window to regain LCC initiative". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Air Seoul (ed.). "Air Seoul Introduction". Consultado o 16 de decembro de 2022. [Ligazón morta]
  6. Centre for Aviation (ed.). "Air Seoul". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  7. Centre for Aviation (ed.). "Air Seoul receives its AOC". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  8. The Korea Times (ed.). "Air Seoul to start operation next week". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  9. anna.aero (ed.). "Air Seoul launches international flights". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  10. Planespotters (ed.). "Air Seoul Fleet Details and History". Consultado o 28 de abril de 2018. 
  11. Air Seoul (ed.). "Aircraft Guidance". Consultado o 16 de decembro de 2022. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]