Saltar ao contido

Air Comores International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Air Comores International é unha aeroliña con base en Moroni, Comores que comezou a operar en novembro de 2004. Opera servizos internacionais entre Francia e o Oriente Medio e servizos rexionais entre o leste e o sur de África co océano Índico.

En setembro de 2006 a frota de Air Comores International estaba formada por un Boeing 767-300ER e un Boeing 737-400.