Aha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hor Aha
Faraón
Fragmento dun vaso que leva o nome do faraón Hor-Aha

Reinadoc. -3125 a -3095
Nacementoc. -3150
Falecementoc. -3095
SepulturaTumba B10-B15-B19, da necrópole de Umm el-Qaab, Abidos, Exipto
PredecesorNarmer
SucesorDjer
Cónxuxe/sBenerib, Khenthap
DescendenciaDjer
ProxenitoresNarmer?
Neithhotep

Na rede
Find a Grave: 34617953 Editar o valor em Wikidata

Aha foi o segundo faraón da I dinastía exipcia, c. 3007-2975 a. C. (segundo von Beckerath).

Chamado Atotis por Manetón, segundo Sexto Xulio Africano e Eusebio de Cesarea, Teti na lista Real de Abidos e it(t) no Canon de Turín.

Manetón outórgalle 57 anos de reinado (Africano), ou 27 anos segundo (Eusebio).

Fillo de Menes, segundo Africano. Proviniente do Alto Exipto, casou coa princesa Neithotep do Baixo Exipto, a súa esposa principal, aínda que o seu fillo e sucesor, Djer, nacería dunha concubina.

Na Pedra de Palermo indícase que durante o seu reinado mantivéronse relacións comerciais con Canaán e que fixo a guerra en Nubia e Libia.

Segundo Manetón, Atotis, mandou edificar un palacio en Menfis e practicou a arte do medicamento, escribindo tratados sobre a técnica de abrir os corpos.

Construcións da súa época[editar | editar a fonte]

  • Mandou edificar un palacio en Menfis (Manetón)
  • En Sais, no Baixo Exipto, mandou erixir un templo dedicado a Neith

En tempos do reinado de Aha dátanse dous grandes complexos funerarios en Naqada e Saqqara

  • Unha monumental mastaba (base de 53 m x 26 m), en Naqada, pertencente ao rei ou a súa esposa.
  • A tumba S3357 en Saqqara, previamente atribuída a Aha, parecida a unha mastaba (base de 41,6 m x 15,5 m e 5 m de altura)

Probablemente foi enterrado na tumba B10-B15-B19, na necrópole de Umm el-Qaab, en Abidos

Testemuños da súa época[editar | editar a fonte]

O seu nome, Aha, atópase en numerosos obxectos descubertos en Abidos e Saqqara.

Nas tablillas de marfil véselle celebrando posibles festas conmemorativas da unificación do país. Segundo W. Helck unha das placas móstralle matando a un home, en sacrificio ritual.

Unha tablilla de madeira, do Museo Exipcio do Cairo, procedente da necrópole real de Abidos, traduciuse como: "Golpear aos nubios por Horus Aha. Nacemento de Jenty-Imentyu. Fundación da fortaleza de Her-Peher-Ihu" (Vandier)

  • Inscrición nun recipiente da tumba Z2 en Zawyet el-Aryan (Dunham)
  • Impresións de selo da tumba 3357 en Saqqara (Emery)
  • Recipiente de pedra co seu nome da tumba 3036 en Saqqara (Emery)
  • Recipiente de calcita co seu nome de Helwan (Saad)
  • Impresións de selo na primeira tumba preservada con "fachada de palacio" en Naqada (de Morgan)
  • Fragmento dunha vasilla de cristal de roca, UC11751A (Museo Petrie) [1]

Outras hipóteses[editar | editar a fonte]

Von Beckerath identificouno con Menes, outros eruditos con Narmer, ou ambos os dous, e por iso considerábano o primeiro faraón e o fundador da dinastía I. Actualmente considéranse estas hipóteses obsoletas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Antigo Exipto

Segue a:
Narmer
Aha
Precede a:
Djer
I Dinastía