AgustaWestland Apache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AgustaWestland Apache
Tipohelicóptero de ataque
FabricanteWestland Helicopters
Primeiro voosetembro de 1998
Introducido2004
Produción1998-2004
Unidades construídas67

O AgustaWestland Apache é unha verión fabricada baixo licenza do helicóptero de ataque Boeing AH-64D Apache Longbow para o corpo aéreo do exército británico. Os primeiros oito aparello foron construídos por Boeing e os 59 restantes por Westland Helicopters (agora parte de Leonardo) e Yeovil, Somerset, a partir de kits proporcionados por Boeing. Entre os cambios con respecto ao AH-64D están os motores Rolls-Royce Turbomeca, unha nova suite electrónica de apoio defensivo e un mecasismo para pregar as palas que lle permite á versión británica operar en buques. O helicóptero foi designado inicialmente WAH-64 por Westland Helicopters e despois recibiu o nome de Apache AH Mk 1 polo Ministerio de Defensa.

O Apache usouse de forma valiosa como apoio aéreo próximo na guerra de Afganistán, sendo despregado na rexión en 2006. O Apache foi obxecto de controversia debido á intalación dalgunhas armas, como municións de acio. Os ensaios navais e os depregamentos temporais no mar demostraron que o aparello é unha plataforma capaz de operar dende buques. Os Apache británicos tamén serviron na operación militar en Libia da OTAN en 2011 operando dende baarcos da Royal Navy.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O requirimento para un novo helicóptero de ataque foi identificado polo goberno británico a principios dos 90. En 1993 iniciouse un proceso de licitación. As ofertas recibidas incluían o Eurocopter Tiger un Bell AH-1 SuperCobra modernizado, o AH-64 Apache, o Boeing/Sikorsky RAH-66 Comanche, e o Agusta A129 Mangusta.[1] Tanto o Tiger como a variante do Cobra foron ridiculizadas por requirir desenvolvemento, e polo tanto se consideraban arriscados, mentres que o Apache xa fora probado en combate, aínda que o seu rendemento na primeira guerra do Golfo foi criticado pola competencia.[1] Westland e o Apache foron seleccionados en xullo de 1995 asinándose un contrato por 67 helicópteros en 1996.

En setembro de 1998 Westland fabricou o primeiro prototipo WAH-64 Apache baixo licenza de Boeing.[2] Os primeiros nove Apache AH1 foron autorizados para o servizo polo director da Aviación do Exército británico o 16 de xaneiro de 2001.[2] O 67º e derradeiro aparello foi entregado en xullo de 2004.[3] A frota de helicópteros custou ao redor de 3 100 millóns de libras, cun custo total de adquisición de 4 100 millóns. A fiabilidade fora cuestionada polas operacións dos Apache estadounidenses, toda a frota nos Balcáns foi paralizada en terra debido a problemas graves no rotor de cola en 1999.[4][5] En 1998 o desenvolvemento do radar do Longbow estaba en problemas debido ao seu peso, impacto sobre a axilidade do aparello, e as súas habilidades de transferencia de datos.[6] Eses problemas con compoñentes claves da aeronave, e o alto custo na frota, fixo que se convocase a súa cancelación en 1999.[7]

Cando o requisito para o Apache formalizouse a principios dos 90, a doutrina militar asumía que un grande ataque blindado convencional do Bloque Leste era a maior ameaza para o Reino Unido. Tras o colapso e desintegración da Unión Soviética os conceptos de flexibilidade e resposta rápida tiveron prioridade. A Revisión Estratéxica de Defensa británica pediu que os Apache realizasen misións de ataque anfibio, operando dende o portahelicópteros HMS Ocean, os portaavións da clase Invincible e os seus sucesores, os clase Queen Elizabeth, e posiblemente tamén dende os buques de asalto HMS Bulwark e Albion. Cada escuadrón equipado co Apache debería ter oito aeronaves operacionais.[8]

O Westland Apache experimentou atrasos na súa entrada en servizo debido a complicacións coas modificacións realizadas para o servizo británico. Antes da entrada en servizo do aparello en 2004 observáronse varios problemas de desenvolvemento, como a falta de habilidade para comunicarse con seguridade con outros helicópteros e o risco de danos no rotor de cola e na célula ao disparar os mísiles Hellfire.[9][10] O problema co uso do Hellfire era os restos xerados ao ser disparados, problema que tamén ocorría cos foguetes CRV7, que podían impactar co corpo do aparello e causar danos; resolver este problema cousou un atraso no programa de adestramento. Eses problemas corrixíronse antes de que o aparello entrase en servizo.[11][12] No ano 2012 fontes do goberno afirmaron que se conseguira a plena capacidade operacional no ano 2010.

En 2005 pronosticouse a data para a retirada do Apache para 2030, pero o Exército está buscando un programa para aumentar a súa vida útil ata o ano 2040.[13] Pensouse que as actualizacións serían necesarias en 2017 porque o Exército estadounidense está retirando o apoio para o AH-64D Block I no cal están baseados os Apache británicos,[13] pero os problemas orzamentarios nos Estados Unidos atrasaron a medida para 2019 ou 2020. Reino Unido debía seleccionar das actualizacións Block III do AH-64E en 2014;[13] as opcións ían dende abandonar a capacidade ata mercar novos helicópteros Block III, aínda que Boeing cre que é máis probable que o Reino Unido volva a fabricar os seus aparellos poñendos os motores e aviónica que xa existen en novas células.

En agosto de 2015 o Reino Unido solicitou a través dunha venda militar estranxeira a actualización de 50 dos seus Apaches ao stándar AH-64E.[14] En xullo de 2016 pediu 50 AH-64E a través do programa de vendas militares ao estranxeiro estadounidense en vez de actualizar os seus AgustaWestland AH-64. Leonardo Helicopters (antiga AgustaWestland) continuará dando soporte aos Apache AH1 ata que sexan retirados do servizo.[15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ipsen, Erik. "U.K. Must Choose 1 of 3 Attack Copters : Pitched Battle Near Done" (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  2. 2,0 2,1 Mcgowen 2005, p. 214
  3. "British Army Receives 67th Apache In Ceremony Held At The Farnborough Air Show 2004 | AgustaWestland". 2011-07-07. Archived from the original on 07 de xullo de 2011. Consultado o 2018-11-18. 
  4. Press, The Associated. "Repairs Planned for Army Helicopters" (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  5. "Some Apaches to be grounded 10 months". The Fayetteville Observer. Consultado o 2018-11-18. 
  6. Office, U.S. Government Accountability (1998-09-15). "Army Aviation: Apache Longbow Weight and Communication Issues" (NSIAD-98-203). 
  7. "UK SET TO AXE APACHE.(News)". 1999-08-04. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 18 de november de 2018. 
  8. Heyman 2005, p. 114
  9. Correspondent, Michael Smith, Defence (2002-10-31). "Warning over Apache helicopter failings" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2018-11-18. 
  10. Hencke, David (2003-11-18). "Helicopters 'at risk' of friendly fire". the Guardian (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  11. "Apache - British Army Website". 2010-03-15. Archived from the original on 15 de marzo de 2010. Consultado o 2018-11-18. 
  12. Bishop and Laurier 2005, p. 47
  13. 13,0 13,1 13,2 "UK weighing options for Apache attack helicopter upgrade". Flightglobal.com (en inglés). 2012-11-28. Consultado o 2018-11-18. 
  14. "United Kingdom – AH-64E APACHE GUARDIAN Attack Helicopters | The Official Home of the Defense Security Cooperation Agency". www.dsca.mil (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 
  15. "MOD orders new fleet of cutting-edge Apache helicopters for Army". GOV.UK (en inglés). Consultado o 2018-11-18. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]