Saltar ao contido

Aguia romana do Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguia romana do Courel
Material:Bronce
Peso:-
Medidas:7,5cm de lonxitude
10cm de anchura
Ano da descuberta:-
Lugar:Torre Cabreira, Carbedo, Galicia
Data:-
Museo:Museo Provincial de Lugo

A aguia romana do Courel ou aguia de Carbedo é unha pequena escultura de bronce da Roma antiga atopada en Carbedo, Esperante, Folgoso do Courel e conservada no Museo Provincial de Lugo dende o 4 de abril de 1963.[1][2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Cuns 10 cm de anchura por 7,5 cm de lonxitude suponse procedente de Torre Cabreira, isto é, coa mesma procedencia da Tabula hospitalis,[3] e que representa unha aguia coas ás a medio despregar. A deterioración da súa cara ou a ausencia de garras, non minoran a súa calidade. Debeu ser realizada mediante a técnica da cera perdida.[1]

Pouco se coñece dos contextos arqueolóxicos e cronolóxicos da peza, fóra da súa suposta procedencia, xa que foi adquirida polo doador a un anticuario xunto con outros materiais. Pouco tamén en canto á súa función. Tradicionalmente, estase entendendo como remate dun estandarte militar, un vexillum.[3] Hipótese que se sustentaría na propia postura da escultura como nas dúas pequenas perforacións apreciables na parte inferior, baixo a cola; suposto encaixe para o hastil da insignia.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 "AGUIA DO CAUREL". redemuseisticalugo.org. Consultado o 2024. 
  2. "A aguia de bronce do Courel, ao alcance das persoas invidentes". galego.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Dous valiosos bronces romanos atopados nun monte da serra do Courel". galego.lavozdegalicia.es. Consultado o 2003.