Agrobacterium rhizogenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Agrobacterium rhizogenes
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhizobiales
Familia: Rhizobiaceae
Xénero: Agrobacterium
Especie: A. rhizogenes
Nome binomial
'Agrobacterium rhizogenes'
(Riker et al. 1930) Conn 1942

Agrobacterium rhizogenes (á que recentemente se lle cambiou o nome a Rhizobium rhizogenes)[1] é unha especie de bacterias gramnegativas do solo que produce nas plantas dicotiledóneas ás que infecta a enfermidade da raíz pilosa. A. rhizogenes induce a formación de raíces adventicias multirramificadas proliferativas no sitio de infección; que se chaman "raíces pilosas" mediante a transferencia á planta de ADN contido nun plásmido.[2]

Na rizosfera, as plantas poden sufrir feridas inflixidas pola acción dos patóxenos do solo ou por outras causas. Isto orixina na planta a secreción de compostos fenólicos como a acetosiringona, que ten efectos quimiotácticos, que atraen bacterias. Nesas condicións, actívanse certos xenes bacterianos de A. rhizogenes, que favorecen a transferencia do ADN-T presente nos seus plásmidos indutores de raíces ou plásmidos Ri (Root inducing) ao interior da planta a través da ferida. Despois da integración e expresión, obsérvase, tanto in vitro coma en condicións naturais, a aparición na planta do fenotipo de raíz pilosa, o cal inclúe tipicamente un superdesenvolvemento do sistema radicular que non é completamente xeotrópico, e unha morfoloxía alterada (enrugada) das follas, se estas están presentes.[3]

Os xenes bacterianos poden ser retidos permanentemente dentro da planta, o que supón unha transferencia horizontal de xenes, que tivo importancia evolutiva.[4]

As raíces pilosas cultívanse in vitro en biorreactores para estudar a súa interacción no solo con outros patóxenos como fungos e vermes nematodos. Esta técnica tamén se utilizou para a produción comercial de certos compostos metabólicos que segrega a planta, especialmente en plantas medicinais que son difíciles de cultivar en cantidades suficientes por outros medios.[5] Os cultivos de raíces tamén se usan para a enxeñaría xenética.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Young J.M., Kuykendall L.D., Martínez-Romero E., Kerr A. and Sawada H. 2001. A revision of Rhizobium Frank 1889, with an emended description of the genus, and the inclusion of all species of Agrobacterium Conn 1942 and Allorhizobium undicola de Lajudie et al. 1998 as new combinations: Rhizobium radiobacter, R. rhizogenes, R. rubi, R. undicola and R. vitis. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51:89-103
  2. Chilton MD, Tepfer D, Petit A, David C, Casse Delbart FT. Agrobacterium rhizogenes insert T-DNA into the genome of the host plant root cells. nature. 1982; 295:432-4
  3. Cardarelli M, Mariotti D, Pomponi M, Spanò L, Capone I, Costantino P. 1987. "Agrobacterium rhizogenes T-DNA genes capable of inducing hairy root phenotype". Molecular and General Genetics 209(3):475-480.
  4. Intrieri, M. C. and Buiatti, M. (July 2001). "The horizontal transfer of Agrobacterium rhizogenes genes and the evolution of the genus Nicotiana". Molecular Phylogenetics and Evolution 20 (1): 100–110. PMID 11421651. doi:10.1006/mpev.2001.0927. 
  5. Shanks JV, Morgan J (April 1999). "Plant 'hairy root' culture". Curr. Opin. Biotechnol. 10 (2): 151–5. PMID 10209145. doi:10.1016/S0958-1669(99)80026-3. 
  6. Otani, M., Mii, M., Handa, T., Kamada, H. and Shimada, T. (1993). "Transformation of sweet potato (Ipomoea batatas (L.) Lam.) plants by Agrobacterium rhizogenes". Plant Science 94 (1–2): 151–159. doi:10.1016/0168-9452(93)90016-S. 
  7. Van de Velde, W., Mergeay, J., Holsters, M. and Goormachtig, S. (December 2003). "Agrobacterium rhizogenes-mediated transformation of Sesbania rostrata". Plant Science 165 (6): 1281–1288. doi:10.1016/S0168-9452(03)00339-X.