Agripa (astrónomo)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Agripa | |
---|---|
Nacemento | século I |
Falecemento | século |
Ocupación | astrónomo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
- Para outras persoas chamadas Agripa, ver Agripa.
Agrippa (século I) foi un astrónomo grego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu nome chegou até os nosos días debido a unha observación astronómica que realizou en 92, que é citada por Claudio Tolomeo.
Tolomeo escribe [1] no doudécimo ano do reinado de Tito Flavio Domiciano, no sétimo día do mes bitinio de Metrous, Agripa observou a ocultación dunha parte das Pléiades pola parte máis setentrional da Lúa.
O propósito da observación de Agripa foi probabelmente verificar a precesión dos equinoccios, que foi descuberta por Hiparco de Nicea.
No ano 1935, decidiuse na súa honra chamarlle «Agrippa» a un cráter de impacto lunar situado no bordo sueste do Mare Vaporum[2].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Imago Mundi: Agrippa (en francés)
- Crater Agripa (en inglés)