Saltar ao contido

Agricultura de precisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agricultura de precisión é un concepto agrícola baseado na existencia de variabilidade en campo. Require o uso de novas tecnoloxías, tales como sistemas de posicionamento global (GPS), sensores, satélites e imaxes aéreas xunto con ferramentas de utilización de información (SIG) para estimar, avaliar e entender ditas variacións.

Características

[editar | editar a fonte]

A información recolectada pode ser usada para avaliar con maior precisión a densidade óptima de sementeira, estimar fertilizantes e outras entradas necesarias, e predicir con máis exactitude a produción dos cultivos. A aplicación de conceptos de agricultura de precisión usualmente se considera relativo á agricultura sostible. Esta pretende evitar a aplicación das mesmas prácticas a un cultivo, sen ter en conta as condicións locais de solo e clima e pode axudar a avaliar situacións locais de enfermidade.

A agricultura de precisión pode ser usada para mellorar un campo o administrar un cultivo dende diferentes perspectivas:

  • Perspectiva agronómica: axuste de prácticas culturais para tomar en conta as necesidades reais do cultivo (e.x., mellores usos da fertilización).
  • Perspectiva técnica: mellor administración do tempo a nivel de cultivo (planificación de actividades agrícolas).
  • Perspectiva ambiental: redución de impactos agrícolas (mellor estimación de necesidades en nitróxeno implica menos nitróxeno liberado ó ambiente).
  • Perspectiva económica: incremento no produto de saída e/ou redución de insumos, incremento das eficiencias (baixos custos de fertilización con nitróxeno).

Outros beneficios para o agricultor son os seguintes: O ter unha historia das súas prácticas agrícolas e os seus resultados, axudar na toma de decisións e no seguimento de esixencias (como as que se requiren cada vez máis nos países desenvolvidos).