Agrestio (bispo de Lugo)
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Morte | século V |
| Bispo de Lugo | |
| – Nitixio → Diocese: diocese de Lugo | |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | Reino de Galicia |
| Relixión | Cristianismo |
| Actividade | |
| Ocupación | Bispo |
Agrestio (en latín: Agresti ou Agrestius) foi bispo de Lucus Augusti (Lugo), no Reino Suevo de Galicia, no século V.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Consta a asistencia de Agrestio ao Primeiro Concilio de Orange no ano 441. Identifícaselle como autor do Versus Agresti episcopi de fide ad Avitum episcopum ( Versos do bispo Agrestio sobre a fe ao bispo Avito ),[1] un poema e carta dirixida a Avito de Braga.
O cronista Hidacio, na súa crónica de 433, suxire que Agrestio tiña tendencias priscilianistas e relata no ano 433:
«In Conventu Lucensi contra voluntatem Agrestii Lucensis Episcopi, Pastor, et Syagrius Episcopi ordinantur»
«No convento lucense contra a vontade de Agrestio, bispo de Lugo, Pastor e Siagrio son ordenados bispos»
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Consello da Cultura Galega (ed.), Documentos da Catedral de Lugo, (Santiago de Compostela, 1998)