Agora País Llionés
Agora País Llionés (literalmente en galego, Agora País Leonés) é unha organización política que avoga polo socialismo e a autodeterminación do chamado País Leonés. Foi fundada a finais de 2007 (se ben a súa presentación pública foi o 1 de maio de 2008) por mozos de esquerdas procedentes de círculos antifascistas e de colectivos culturais e xuvenís leonesistas. A súa meta máis próxima é a creación dun ente administrativo propio para as provincias de Salamanca, León e Zamora, separado da actual Castela e León, que abranguería parte do que se chama País Leonés.
A organización[editar | editar a fonte]
É unha organización leonesa autónoma, con carácter de concello participativo composta sobre un abano de sensibilidades de esquerda que teñen como base formulacións comúns, como a crenza na democracia participativa, o laicismo, o ecoloxismo, o feminismo, o socialismo, o anticapitalismo, o leonesismo, o internacionalismo e o dereito de autodeterminación. Ten como fin último a busca e construción dun País Leonés libre e socialista.
Funcionamento[editar | editar a fonte]
O funcionamento da organización é asembleario, sen que existan cargos nin xuntas directivas. Non está ligada a ningún partido político e organízase por asembleas territoriais, agrupadas no Alcuentru Nacional (Encontro Nacional).
O seu funcionamento sufrágase grazas ás achegas dos seus militantes e simpatizantes e mediante a venda de material, como a publicación periódica "O Pegollu", chapas, adhesivos, camisetas etc. Seguen principios de autoxestión e total independencia respecto ás institucións.
Relacións con outras organizacións[editar | editar a fonte]
Esta organización mantén relacións con outros colectivos independentistas de España como os Fai!, en Asturias; Regüelta, en Cantabria; ou Maulets en Cataluña, Baleares e a Comunidade Valenciana.