Aglutinación (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A aglutinación é un proceso natural de determinados compoñentes do sangue.

A aglutinación afecta a glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas. Prodúcese cando os anticorpos presentes no plasma se unen a antíxenos transportados por estas células sanguíneas, aínda que tamén se pode producir con bacterias sometidas á acción de anticorpos. Trátase, pois, dun proceso asemade inmunolóxico (reacción antíxeno-anticorpo), e físico (modificación do medio).

A aglutinación pode verse a simple vista no caso dos glóbulos vermellos. Nos centros de transfusión e de extracción de sangue a aglutinación emprégase para determinar os grupos sanguíneos nos sistemas AB0 e Rh.Foi precisamente a aglutinación de glóbulos vermellos a que lle permitou a Karl Landsteiner en 1900 determinar os tres primeiros grupos sanguíneos, o A, o B e o 0. En 1958 foi Jean Dausset quen sobre a base da aglutinación de glóbulos brancos descubriu o primeiro antíxeno HLA, que recibiu a denominación Hu 1.