Aglaonice
Nome orixinal | (grc) Ἀγλαονίκη |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Tesalia, Grecia |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) , (sec:Aganice) |
Aglaonice, Agloanike, ou Aganice de Tesalia (grego antigo: Ἀγλαονίκη, Aglaoníkē) foi unha astrónoma da Antiga Grecia do século II ou I a.C.
Mencións
[editar | editar a fonte]É mencionada nos escritos de Plutarco[1] e nos escolios de Apolonio de Rodas[2] como unha astrónoma e como a filla de Hegetor (ou Hegemon) de Tesalia.[3] Tamén foi considerada unha feiticeira porque o seu coñecemento, que a facía capaz de predicir con moita precisión o momento e a rexión en que unha eclipse lunar ía ter lugar interpretábase como unha "habilidade" ou un "poder" que lle permitía facer desaparecer a lúa do ceo,[4] o que lle conferiu un gran poder no seu momento.[5]
Un proverbio grego facía referencia á habilidade de Aglaonice: «Si, como a lúa obedece a Aglaonice». Outras astrónomas, ao parecer consideradas feiticeiras, foron asociadas con Aglaonice. Foron coñecidas como «as bruxas de Tesalia» e tiveron a súa actividade entre os séculos III e I a.C.[6]
No diálogo de Platón, Gorgias, Sócrates di: «Pero si hai que temer, querido amigo, que non nos ocorra, o que se di sucede ás mulleres de Tesalia cando fan descender a Lúa».[7]
Plutarco escribiu que «coñecía moi ben os períodos nos que a lúa chea estaba por eclipsar, e sabendo de antemán o momento en que a lúa estaba por ocultarse tras a sombra da Terra, aproveitábase das mulleres e facíalles crer que ela a facía caer».[8]
Cultura popular
[editar | editar a fonte]- Un dos cráteres de Venus chámase Aglaonice.[6]
- Aglaonice é tamén un personaxe no filme Orpheus de Jean Cocteau, onde aparece como amiga de Eurídice e líder da liga de Mulleres.
- Aglaonice é unha figura da instalación de Judy Chicago, The Dinner Party, representada como un dos 999 nomes do Heritage Floor.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coniugalia praecepta 48 = 145c, De defectu oraculorum 13 = 417a
- ↑ Escolio en Argonautica 4.59
- ↑ Peter Bicknell. "The witch Aglaonice and dark lunar eclipses in the second and first centuries BC". Bibcode:1983JBAA...93..160B.
- ↑ Ogilvie, Marilyn Bailey (1986). Women in Science. The MIT Press. ISBN 0-262-15031-X.
- ↑ "Mujeres Astrónomas y Matemáticas de la Antigüedad" (PDF). fundacionorotava.org. Consultado o 4-11-2020.
- ↑ 6,0 6,1 Howard (2008), p. 31
- ↑ Gorgias
- ↑ Plutarco, Conjugalia Praecepta
- ↑ "Aglaonice". Elizabeth A. Sackler Center for Feminist Art: The Dinner Party: Heritage Floor: Aglaonice. Brooklyn Museum. 2007. Consultado o 17 de decembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Howard, Sethanne (2008). Hidden Giants (en inglés) (2ª ed.). Lulu.com. ISBN 9781435716520.