Agalactia contaxiosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A agalactia contaxiosa é unha mamite que afecta a cabras e ovellas, causada polo Mycoplasma agalactiae. Coñécese desde o século XIX e afecta aos países da cunca mediterránea, Rusia e outros países (India e Paquistán). A enfermidade caracterízase pola atrofia na glándula mamaria, aparición de conxuntivite e artrite, cunha mortalidade entre os exemplares afectados que pode chegar o 20%.