Afanasii Makurov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Afanasii Makurov
Афанасий Макуров
Афанасий (Макуров).jpg
Arcebispo da Igrexa ortodoxa do vello rito lipovana
Biografía
Nacemento1825 en Chudei, Ucraína
Pasamento1 de outubroxul./ 14 de outubro de 1905greg. en Vyzhnytsia, Ucraína
Ordes
Consagración episcopal3 de xuño de 1871, por Kiril Timofeev
Metropolita de Belaia Krynytsa
1874 - 1905
PredecesorKiril Timofeev
SucesorMakarii Lobov

Afanasii Makurov (en ruso: Афанасий Макуров), nado como Aggei Feodorovich Makurov (en ruso: Аггей Феодорович Макуров) arredor de 1825 na aldea de Chudei (hoxe Ucraína) e finado o 1 de outubroxul./ 14 de outubro de 1905greg. en Vyzhnytsia (Ucraína), foi un bispo da Igrexa ortodoxa do vello rito lipovana co título de "Arcebispo de Belaia Krynytsa e Metropolita de todos os cristiáns ordoxos do vello rito".

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu arredor de 1825 na aldea de Chudei (entón parte de Austria-Hungría) nunha familia de vellos crentes.[1] Até 1871 foi sacerdote na parroquia vello crente de Piscu (preto de Brăila, no Principado de Romanía).[1][2] Logo de enviuvar, o 3 de xuño de 1871 foi elixido bispo de Brăila, recibindo a ordenación do metropolita Kiril Timofeev.[1][2][3] Á morte deste, foi elixido metropolita de Belaia Krynytsa o 9 de maio de 1874.[1][2][3]

En 1881 foi recibido polo emperador Francisco Xosé I de Austria, o que indicou o recoñecemento da xerarquía de Belaia Krynytsa polo goberno;[1][2] en 1889, por iniciativa de Afanasii, foi aprobado un acordo co recoñecemento da Igrexa de Vello Rito nos territorios do Imperio.[1][2]

Finou o 1 de outubroxul./ 14 de outubro de 1905greg., e está enterrado no cemiterio de Bila Krynytsia.[1][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Панкратов, А. В. (2002). "АФАНАСИЙ". Православная энциклопедия 4. Moscova: Церковно-научный центр «Православная энциклопедия». p. 11. ISBN 9785895720097. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Мельников, Ө. Е. (1999). Краткая история древлеправославной (старообрядческой) церкви. Izd-vo BGPU. pp. 293–299. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Писаревский, А. Ю. (2002). Старообрядческие иерархи: справочные материалы. p. 31.