Afan Ferddig
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII Gales, Reino Unido |
Morte | século VIII |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | (Con vida en: século VII ) |
Afan Ferddig (que viviu probabelmente no século VII) foi un bardo galés. A palabra 'Berddig' significa "bardo pequeno" ou "bromista"; existe outra referencia a un bardo do século XI que se chamaba Berddig, bardo na corte de Gruffudd ap Llywelyn en Gwent.[1].
Pouco se sabe del. Algúns autores cren que foi el o autor do poema 'Moliant Cadwallon'. Segundo unha das Tríades da Illa de Bretaña Afan tería cantado ao rei Cadwallon ap Cadfan de Gwynedd. Menciónase como un dos 'Tri bardd coch eu gwaywffyn Ynys Prydain':
- Tri Gwaywrudd Beirdd Ynys Prydain:
- Tristfardd bardd Urien,
- A Dygynnelw bardd Owain ab Urien,
- Ac Afan Ferddig bardd Cadwallon mab Cadfan.[2]
Os Gogynfeirdd admirárono como un gran bardo, por exemplo Cynddelw Brydydd Mawr dicía que era habitual nel cantar ao xeito de Afan Ferddig:
- Gnawd canaf i foliant fal Afan Ferddig.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Geiriadur Prifysgol Cymru s.u. berddig.
- ↑ Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydain (Caerdydd, 1978).
- ↑ Citado por Rachel Bromwich en Trioedd Ynys Prydain (Caerdydd, 1978). Ortografía modernizada.