Canu'r bwlch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Canu'r Bwlch é o nome que se lle dá á poesía galesa da época que vai desde finais da hengerdd ata os comezos da época dos Beirdd y Tywysogion, ou Bardos dos Príncipes, máis ou menos entre os séculos VII e XI.

Restos[editar | editar a fonte]

A diferenza dos bardos da hengerdd, descoñecemos a maioría dos nomes dos bardos que cantaron na época que chamamos Canu’r Bwlch.

Entre os poucos nomes que coñecemos están os de Afan Ferddig, Arofan, Meigan e Dygynnelw, pero non conservamos os seus textos. Acerca dos que se atribúen a Llywarch Hen e Heledd non hai acordo entre os estudosos.

Só a obra atribuída a Taliesin no Llyfr Taliesin pode ser relacionada cun personaxe histórico, pero Ifor Williams demostrou que eran versos compostos posteriormente (agás unha ducia de textos compostos por Taliesin con toda probabilidade) e que foron compostos sobre o século IX. En relación cunha tradición máis vella ca o bardo histórico están tamén os poemas que se lle atribúen a Myrddin no Llyfr Du Caerfyrddin.

Hai tamén outro grupo de poemas, incluíndo a antiga profecía Armes Prydain, poemas á natureza, poemas relixiosos, englynion sobre heroes (Englynion y Beddau) e poemas que falan sobre verdades recoñecidas (gwirebau). Nada sabemos acerca dos autores destes textos.

Como as escolmas de poemas breves coñecidas como Trioedd Ynys Prydain son máis recentes está claro que a súa orixe está tamén naquela época.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]