Saltar ao contido

Aeroporto de Nuuk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Nuuk
Sermersooq Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Estado de uso
Implicados
 Operador/a
Datas
 Inauguración
1979 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Ofrece servizo a
 Pistas de aterraxe
05/23
Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Altitude86 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/07fd3z Editar o valor en Wikidata
IATAGOH Editar o valor en Wikidata
ICAOBGGH Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O aeroporto de Nuuk (en groenlandés: Mittarfik Nuuk) (IATA: GOH, OACI: BGGH) é un aeroporto que serve a Nuuk, a capital de Groenlandia. Serve como base técnica e cidade focal para Air Greenland, a aeroliña nacional do país, unindo a capital con varias cidades do oeste e suroeste de Groenlandia, incluído o centro de conexións da aeroliña no aeroporto de Kangerlussuaq. Con voos cara a Islandia, o aeroporto de Nuuk é tamén un dos seis aeroportos internacionais do país, pero Reiquiavik é o seu único destino internacional.

A comezos dos anos 60 hidroavións da creada recentemente Air Greenland aterraron no porto de Nuuk. En 1965 a aeroliña investiu nunha frota máis robusta baseada no grande helicóptero Sikorsky S-61, que serviu a cidade durante as seguintes catro décadas, incluso despois da construción dun aeroporto con capacidade para operar os avións STOL de Havilland Canada Dash 7 que dominan o aeroporto dende os anos 70.

O aeroporto construíuse para servir a cidade máis grande de Groenlandia, aínda que debido a problemas de espazo nunha localización montañosa e a problemas meteorolóxicos non é capaz de proporcionar servizo a grandes avións de pasaxeiros ou de longo alcance. Unha grande ampliación non é unha opción aceptable debido á proximidade coa área urbanizada dos distritos periféricos de Nuuk, aínda que o tema continúa a ser obxecto dun debate interno no país.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
AeroliñasDestinos
Air GreenlandAasiaat, Ilulissat, Kangerlussuaq, Kulusuk, Maniitsoq, Narsarsuaq, Nerlerit Inaat, Paamiut, Qaanaaq, Sisimiut
Estacional: Reiquiavik-Keflavík
Air Iceland ConnectReiquiavik
Air NunavutChárter: Aeroporto de Iqaluit[1]
  1. Air Nunavut (ed.). "Where we fly". Consultado o 7 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]