Saltar ao contido

Aeroporto Sri Guru Ram Dass Jee

Aeroporto Sri Guru Ram Dass Jee
Sri Guru Ram Dass Jee International Airport

IATA: ATQ – ICAO: VIAR
Sumario
Tipo público
Operador Airports Authority of India
Cidade/Illa Amritsar
Localización Rajasansi
Elevación (msnm) 230 metros / 756 pés
Coordenadas
Web https://www.amritsarairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
16/34 3 658 12 001 asfalto
Estatísticas (Abril de 2016 - marzo de 2017)
Pasaxeiros 1 566 407

O aeroporto internacional Sri Guru Ram Dass Jee (IATA: ATQOACI: VIAR) é un aeroporto situado a uns 11 quilómetros ao noroeste da cidade de Amritsar, na India. Foi bautizado na honra do Gurú Ram Das, o cuarto dos gurús Sikh e fundador de Amritsar. Ademais da cidade de Amritsar, o aeroporto tamén serve ás áreas veciñas de Punjab, os distritos occidentais de Himachal Pradesh e os distritos do sur de Jammu e Kashmir. O aeroporto opera voos a 21 destinos domésticos e 8 internacionais. No ano 2017 quedou no terceiro lugar entre os mellores aeroporto non metropolitanos da India segundo unha enquisa de satisfacción realizada aos clientes.[1] O aeroporto rexistrou un incremento de tráfico do 54,4% entre outubro de 2016 e outubro de 2017.[2]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Air India Birmingham, Delhi
Air India Express Dubai-Internacional
IndiGo Bangalore, Delhi, Jammu, Bombai, Srinagar
Malindo Air Kuala Lumpur-Internacional
Qatar Airways Doha
Scoot Singapur
SpiceJet Delhi, Dubai-Internacional, Bombai
Turkmenistan Airlines Achkhabad
Uzbekistan Airways Tashkent
Vistara Delhi, Bombai
  1. The Hindu (ed.). "Tiruchi fifth best among non-metro airports: Survey". Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  2. Airports India (ed.). "Passengers" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de decembro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]