Saltar ao contido

Aeroporto Albano Machado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto Albano Machado
IATA: NOV – ICAO: FNHU
Sumario
Tipo público
Cidade/Illa Huambo
Elevación (msnm) 1 703 metros / 5 587 pés
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 2 660 8 727 asfalto
[1][2]

O aeroporto Albano Machado (IATA: NOVOACI: FNHU) é un aeroporto público situado no sueste de Huambo, a capital da provincia de Huambo, en Angola. Anteriormente foi chamado aeroporto Nova Lisboa, xa que en tempos coloniais a cidade chamábase así. O aeroporto foi inaugurado no ano 1947. Nos anos 2009 e 2011 realizáronse melloras nas súas instalacións e en novembro de 2017 estivo pechado varios días por traballos na súa pista para mellorar a seguridade aérea.[3]

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
Diexim Expresso Luanda
TAAG Angola Airlines Catumbela, Luanda, Lubango, Menongue, Ondjiva
  1. World Aero Data (ed.). "Huambo". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  2. Great Circle Mapper (ed.). "NOV - Airport". Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  3. Agência Angola Press (ed.). "Huambo: Reaberta pista do aeroporto Albano Machado". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018.