Adolfo Martí Fuentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Martí Fuentes
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1922 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 2002 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Adolfo Martí Fuentes, nado en Ferrol o 12 de xuño de 1922 e finado na Habana o 10 de xuño de 2002, foi un poeta galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Martí Castro, ferrolán emigrado a Cuba e a cubana Adolfina Fuentes Domínguez. O seu pai era fillo de Juan Martí Domenech, comandante de Infantaría de Mariña e emigrou a Cuba con catorce anos. Adolfo naceu en Ferrol cando o pai levou a nai a Ferrol a coñecer a familia. Cando tiña un ano regresou a Cuba coa súa nai. Estudou o bacharelato e despois dous anos de dereito na Universidade. Co triunfo da Revolución, foi designado polo Ministerio de Relaciones Exteriores para cumprir servizo no estranxeiro, foi cónsul de Colón (Panamá) e despois en Guayaquil (Ecuador). Máis tarde foi secretario da embaixada en Praga e funcionario na embaixada de Río de Janeiro, ata o golpe de estado de Goular.

Despois da carreira diplomática, estudou a licenciatura en Lingua e Literatura Hispánicas e foi profesor na Escola de Letras da Universidade da Habana. Foi director nacional de Literatura do antigo Consello Nacional de Cultura e rematou a vida laboral como redactor xefe das Ediciones Unión, na UNEAC.

Aos catorce anos comezou a escribir. É autor de trece libros de poemas e un de ensaio.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Alrededor del punto, 1971.
  • Contrapuntos, 1980.
  • Puntos cardinales, 1980.
  • Por el ancho camino, 1981.
  • La hora en punto, 1983.
  • Libro de Gabriela, 1985.
  • El árbol del retorno, 1993.
  • Antoloxía poética dun ferrolano en Cuba, 2005.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Puntos de vista, 1988.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]