Adesuwa Aighewi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1992 (32 anos) Minneapolis, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Maryland University of Maryland Eastern Shore (en) |
Actividade | |
Ocupación | modelo , cineasta |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
| |
Adesuwa Thongpond Pariyasapat Aighewi,[1] nada o 22 de abril de 1992 en Minneapolis, Minnesota,[2] é unha modelo e realizadora cinematográfica estadounidense.[3] En xaneiro de 2019 foi elixida como unha das 50 mellores modelos do mundo pola páxina models.com[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De pai nixeriano e nai tailandesa de orixe chinesa, Adesuwa Aighewi naceu en Minnesota.[5] Antes de traballar como modelo estudaba química na Universidade de Maryland Eastern Shore, carreira que comezou á idade de 15 anos. Tamén foi bolseira para a NASA.[6] Sendo os seus pais científicos medioambientais, mudouse con frecuencia e pasou a metade da súa infancia en Nixeria.[1]
Aighewi foi descuberta no campus da súa universidade.[7] Ao longo da súa traxectoria, desfilou para Alexander Wang, Coach,[8] Louis Vuitton, Chanel,[9] Kenzo, Kate Spade, Miu Miu, Bottega Veneta, Marc Jacobs, Yeezy, Michael Kors, Prabal Gurung, Christian Dior, Fendi e Tommy Hilfiger, entre outros.[10][11] Tamén apareceu en anuncios publicitarios para Tom Ford,[12] Marc Jacobs,[13] Vera Wang e Chanel.
Videografía[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Artista | Papel |
---|---|---|---|
2011 | Bonfire | Childish Gambino | Camper |
2012 | "Heartbeat" | Childish Gambino | Moza |
2016 | Woman | Diana Gordon | Modelo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "You Are Here". 20 de setembro de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ Davidson, Emma Elizabeth (21 de maio 2018). Dazed, ed. "Adesuwa Aighewi is making waves on the catwalk". Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Model Adesuwa Aighewi Releases Her Directorial Debut On The Beauty Of Muslim Women". Forbes. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Top 50 Models". models.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ Garced, Kristi (16 de setembro de 2014). "Model Call: Adesuwa Aighewi". Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Adesuwa Aighewi: "I Want To Show What Africa Is From An African’s Point Of View"". British Vogue. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Meet Adesuwa Aighewi, One of Fashion's Most Outspoken Models". Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Coach 1941 Spring 2018 Ready-to-Wear Fashion Show". Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Adesuwa Aighewi might be the most interesting model almost no one has heard about". www.w24.co.za. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ Aighewi, Adesuwa (1 de novembro de 2017). "The fashion industry said my dreadlocks would stop me working. They were wrong". the Guardian. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "These 14 Women Are the New Class of High-Fashion Runway Models". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "23 New Models That Are About To Do The Damn Thing". Consultado o 18 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Marc Jacobs Spring 2018 Accessories Ad Campaign". 13 de abril de 2018. Consultado o 18 de xaneiro de 2020.