Aden Ridgeway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAden Ridgeway
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Macksville, Australia Editar o valor em Wikidata
Senador da Austrália (pt) Traducir
1 de xullo de 1999 – 30 de xuño de 2005
Circunscrición electoral: New South Wales (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoGumbaynggirr (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tecnologia de Sydney (pt) Traducir
St John's College, Woodlawn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDemocratas Australianos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Aden Derek Ridgeway, nado o 18 de setembro de 1962, é un político australiano. Foi membro do Senado australiano por Nova Gales do Sur, dende 1999 a 2005, como representante dos demócratas australianos. Durante o seu tempo no cargo, era o único membro aborixe do Parlamento de Australia. No presente é un voceiro e activista de "Recognise", o movemento para recoñecer os aborixes e os insulares do estreito de Torres na constitución australiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ridgeway naceu en Macksville, Nova Gales do Sur, membro do pobo gumbaynggirr. Despois de deixar a escola con 11 anos, traballou como caldereiro. Posteriormente comezou a involucrarse no servizo público. Na súa carreira, participou en varios postos públicos, incluíndo gardaparques e traballando en varios departamentos do goberno de Nova Gales do Sur.

En 1990, Ridgeway foi elixido no Consello Rexional de Sydney ATSIC, unha posición na que serviu durante dous mandatos. Uniuse ós demócratas australianos en 1991. En 1995, converteuse no director executivo do Consello da Terra Aborie de Nova Gales do Sur. Continuou nese posto até 2000.