Adam Bromberg
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2022.) |
Adam Bromberg | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1912 |
Lugar de nacemento | Lublin |
Falecemento | 23 de marzo de 1993 |
Lugar de falecemento | Estocolmo |
Nacionalidade | Polonia e Suecia |
Ocupación | editor literario, xornalista, empresario e editor |
Fillos | Dorotea Bromberg |
Premios | Orde da Cruz de Grundwald, terceira clase, Medal of the 10th Anniversary of People's Poland, Silver Cross of Merit, Silver Cross of the Virtuti Militari e Commander of the Order of Polonia Restituta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adam Bromberg, nado o 12 de marzo de 1912 en Lublin e finado o 23 de marzo de 1993 en Estocolmo, foi un editor polaco-sueco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou comercio internacional en Viena, politicamente comprometido co Partido Comunista de Ucraína Occidental, arrestárono en 1934 e condenárono a tres anos e medio de cadea. Logo de saír do cárcere, en decembro de 1936, por unha amnistía deixou a actividade política e estivo á fronte entre 1939 e 1941 da sección polaca da editorial estatal de minorías nacionais da República Socialista Soviética de Ucraína que tiña a sede en Lviv. En 1941 alistouse no exército soviético e en 1943 formaba parte da 1ª División de infantería polaca Tadeusz Kościuszko como oficial político. En maio de 1944 dirixía o departamento político da 2ª División de Infantería Varsovia. Rematou a guerra como maior con varias condecoracións e retomou súa actividade como editor no exército polaco primeiro en novembro de 1945 como xefe do departamento editorial do exército e en 1946 era vicedirector da editorial do Partido dos Traballadores Polacos “Książka”. En 1947 organizou a editorial militar, Prasa Wojskowae, que dirixiu ata que deixou o exército co grao de coronel en outubro de 1951. Desde 1953 dirixía a editorial estatal PWN e ensinou xornalismo na Universidade de Varsovia entre 1955 e 1968. A policía detívoo durante as purgas antisemitas da crise política de 1968.[1] En agosto de 1970 emigrou a Suecia, e alí fundou en 1975 coa súa filla Dorotea Bromberg a editorial Bromberg Bokförlag dedicada nun principio a traducións de literatura polaca.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Henryk Grynberg "Writing about Uprootedness" in Alvin H. Rosenfeld (2008) The Writer Uprooted: Contemporary Jewish Exile Literature Indiana University Press, p. 60