Aculíferos
Aculíferos Aculifera Rango fósil: cámbrico - actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chiton olivaceus, un quitón (poliplacóforos) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Clases | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
O dos aculíferos (Aculifera), tamén chamados anfineuros[2] (Amphineura), é un dos dous subfilos en que tradicionalmente se divide o filo dos moluscos.[3] O outro é o dos conchíferos.[4]
Inclúe os aplacóforos (caudofoveados e solenogastros) e os poliplacóforos (quitóns). A validez deste grupo vén avalada por estudos xenéticos.[5]
Porén, algúns autores inclúen tamén outros moluscos do subfilo dos conchíferos (Hatscheck in Blumrich, 1891; Scheltema, 1993) ou, alternativamente, inclúen só os aplacóforos, ao lado do subfilos placóforos e conchíferos (Stasek, 1972).[3] (Véxase "Clasificación" máis abaixo).
Os representantes máis antigos dos aculíferos (moluscos con espículas ou placas) e dos conchíferos (moluscos con cuncha) datan do cámbrico temperán. Porén, o rexistro fósil non achega información de organismos que puideran seren antepasados de ambos os grupos, polo que o modelo de molusco ancestral permanece incerto.[6]
Características
[editar | editar a fonte]A diferenza dos conchíferos teñen o manto recuberto, total ou parcialmente, por unha cutícula con espiñas, e carecen de estatocisto, Todas as especies son mariñas.[7]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O subfilo foi descrito en 1891 polo zoólogo austríaco Berthold Hatschek, no prólogo ao traballo de: Blumrich J. (1891): "Das Integument der Chitonen". Zeitschrift für Wissenschaftliche Zoologie 52, 404– 476.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo do latín científico Aculifera está formado sobre a raíz aculi- do adxectivo latino aculeātus, -a, -um, 'provisto de espiñas', de aculeus, -i, 'aguión', 'punta', 'puga', e o elemento -fera, plural de -ferus, derivado do verbo fero, 'levar', aludindo ás espiñas que levan na cutícula do manto estes animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os úlimos datos dispoñíbeis[8][9] apoiarían unha relación filoxenética entre os solenogastros, os caudofoveados e os poliplacódoros (conchíferos) polo que os aplacóforos (e, polo tanto, os aculíferos) sería parafilético. Porque as agrupaciónes das clases dos moluscos en clados é moi controvertida.[3] (Ver clasificación dos moluscos, en Moluscos).
Propuxéronse diferentes clasificacións para os moluscos, algunha das cales non consideran os aculíferos.[10]
A clasificación clásica é a seguinte:
- Subfilo Conchifera
- Orde Bivalvia
- Orde Cephalopoda
- Orde Gastropoda
- Orde Monoplacophora
- Orde Scaphopoda
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Diversas Árbores filoxenéticas propostas para os moluscos.
|
|
Outra hipótese considera que os Aculifera son un grupo non natural (parafilético). Segundo esta teoría, por un lado Caudofoveata sería o grupo irmán de Solenogastres e o resto dos moluscos e, por outro lado, Solenogastres formaría o grupo irmán de Polyplacophora e os moluscos restantes:
Mollusca |
| ||||||||||||||||||
Segundo a hipótese de que os aplacóforos son un grupo irmáno do resto dos moluscos:
Mollusca |
| ||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Amphineura no WoRMS.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anfineuros.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Aculifera Hatschek, 1891 no WoRMS.
- ↑ Conchifera Gegenbaur, 1878 no WoRMS.
- ↑ Smith, S. A.; Wilson, N. G.; Goetz, F. E.; Feehery, C.; Andrade, S. C. S.; Rouse, G. W.; Giribet, G. & Dunn, C. W. (2011). "Resolving the evolutionary relationships of molluscs with phylogenomic tools". Nature 480: 364–367..
- ↑ Vinther, J.; Sperling, E. A.; Briggs, D. E. G. & Peterson, K. J. (2011). "A molecular palaeobiological hypothesis for the origin of aplacophoran molluscs and their derivation from chiton-like ancestors" (PDF). Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences: 1–10.
- ↑ Remane, Adolf, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
- ↑ Haszprunar, G. (2000): "Is the Aplacophora Monophyletic? a Cladistic Point of View" American Malacological Bulletin 15: 115-130.
- ↑ Glaubrecht, G., Maitas, L. & Salvini-Plawen L.v. (2005): "Aplacophoran Mollusca in the Natural History Museum Berlin. An annotated catalogue of Thiele's type specimens, with a brief review of "Aplacophora". Mitteilungen aus der Museum für Naturkunde in Berlin – Zoologische Reihe 81: 145-166.
- ↑ Götting, Klaus-Jürgen (1997): "Aculifera, Stachelweichtiere". In: Westheide, Rieger, ed.: Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Stuttgart / Jena: Gustav Fischer Verlag.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Adolph Remane, Volker Storch & Ulrich Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2. Páxinas 131-135.
- Bernd Humberg & Matthias Bergbauer (2012): Flora y fauna submarina del mar Mediterráneo. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 978-84-2821-220-5.
- Klaus-Jürgen Götting (1997): "Conchifera, Schalenweichtiere". En: Westheide, Rieger (ed.): Spezielle Zoologie Teil 1: Einzeller und Wirbellose Tiere. Stuttgart / Jena: Gustav Fischer Verlag. ISBN 3-437-20515-3.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Evolution ist keine Einbahn vom Einfachen zum Komplexen 18. Oktober 2013. En: Universität Wien. Medienportal (en alemán)