Acibeiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Aciveiros é unha localidade do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).[1]

Situación[editar | editar a fonte]

Encóntrase situado ao noroeste da provincia de Zamora, xunto á provincia galega de Ourense, limítrofe á Comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da histórica rexión lusitana de Trás-os-Montes. Pertence ás Portelas ou Alta Seabra, unha sub-bisbarra da bisbarra histórica e tradicional da Seabra.

Situado en plena rota do Camiño de Santiago Xabrés, o seu nome significa "o lugar dos acivros". Encóntrase arrodeado de bosques de carballos e breixos, aínda que tamén hai castiñeiros, algúns deles centenarios. É unha zona xenerosa en auga que recollen as súas múltiples fontes. Do seu patrimonio destaca a pequena ermida de Santa Ana, cunha bonita espadana con toques barrocos, e a súa igrexa parroquial da virxe do Carmen. Tamén sobresae o seu rico patrimonio etnográfico, coma os numerosos muíños de auga e fornos de cocer pan, todos eles datados entre os séculos XV e XVIII.

É unha das localidades bilingües da provincia de Zamora, xa que os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Do seu patrimonio destaca:[3]

  • A igrexa parroquial da Virxe do Carmen está situada á saída da aldea. Trátase dun edificio sinxelo, cun pequeno pórtico de tres arcos e cuberta en curva feita en cemento. Neste templo, os espazos do adro son utilizados como cemiterio.
  • A ermida de Santa Ana atópase situada á entrada do lugar. De reducida dimensión, conta cunha rechamante espadana con toques barrocos e pequeno zaguán aberto.
  • Conta con varios muíños de auga, un deles localizado na praza da Mallada e que está datado no século XV. Existen outros dous encóntranse na "sobre aldea" e datados en época posterior, cara ao século XVIII.
  • Tamén conta con dous fornos de cocer pan, ambos os dous situados na praza da Mallada e na Porta da Rosalía. Estes foron datados nos séculos XV e XVIII, respectivamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lubián na páxina web da Deputación de Zamora
  2. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  3. "Información xeral sobre Aciberos". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013. 

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.