Aceite de citronela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aceite de citronela

O aceite de citronela é un dos aceites esenciais obtidos das follas e talos de diferentes especies do xénero Cymbopogon (especialmente a herba limoeira). O óleo utilízase amplamente como unha fonte de substancias perfumíferas, tales como citronelal, citronelol e xeraniol. Estes produtos químicos atopan aplicación na produción de xabóns, perfumaría, cosmética e recendos de todo o mundo.[1]

É tamén un sonado repelente natural de insectos e leva rexistrado para este uso nos Estados Unidos desde 1948.[2] A Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos considera o óleo de citronela como un pesticida cun xeito de acción non tóxico.[3] As pescudas tamén anosan que ten fortes propiedades antifúnxicas,[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lawless, J., The Illustrated Encyclopedia of Essential Oils, 1995, ISBN 1-85230-661-0
  2. "U.S. EPA Citronella Factsheet". Consultado o 20 de xullo de 2007. 
  3. * EPA citronella reregistration fact sheet
  4. Kazuhiko NAKAHARA*, Najeeb S. ALZOREKY1 , Tadashi YOSHIHASHI, Huong T. T. NGUYEN2 and Gassinee TRAKOONTIVAKORN, "Chemical Composition and Antifungal Activity of Essential Oil from Cymbopogon nardus (Citronella Grass)", Japan International Research Center for Agricultural Sciences (JIRCAS),(Tsukuba, Ibaraki 305–8686, Xapón), JARQ - October 2003 - (Vol. 37 No. 4 )
  5. PATTNAIK S., SUBRAMANYAM V. R., KOLE C., 2006, "Antibacterial and antifungal activity of ten essential oils in vitro", Microbios, Vol. 86, No. 349, pp237-246 [1] Arquivado 13 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
  6. Prabuseenivasan S, Jayakumar M, Ignacimuthu S., 2006, "In vitro antibacterial activity of some plant essential oils.", BMC Complement Altern Med." Nov 30;6:39 [2]