Accidente do SNCASE Languedoc de Aviaco de 1958

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente do SNCASE Languedoc de Aviaco de 1958
Avión semellante ao accidentado
Resumo
Data  4 de decembro de 1958
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  Serra de Guadarrama
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Vigo
Destino  aeroporto de Madrid
Finados  21
Aeronave
Tipo de aeronave SNCASE Languedoc
Operador  Aviaco
Rexistro  EC-ANR
Pasaxeiros  16
Tripulación  5

O accidente do SNCASE Languedoc de Aviaco de 1958 ocorreu o día 4 de decembro de 1958 cando un SNCASE Languedoc de Aviaco esnafrouse na montaña La Rodilla de la Mujer Muerta, na Serra de Guadarrama, morrendo as 21 persoas que ían a bordo. O avión estaba operando un voo doméstico regular entre o aeroporto de Vigo e o aeroporto de Madrid-Barajas[1].

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello accidentado tratábase dun catrimotor francés SNCASE Languedoc con número de serie 28 e rexistro EC-ANR.[2]

Accidente[editar | editar a fonte]

O avión engalou do aeroporto de Vigo ás 15:40 do 4 de decembro de 1958 con destino Madrid. Ás 17:15 instruíuselle aos pilotos que contactasen coa torre de control de Barajas e continuase no nivel de voo 95. Nos seguintes cinco minutos o avión esnafrouse contra a montaña de 1999 metros La Rodilla de la Mujer Muerta, na Serra de Guadarrama. Os cinco tripulantes e 16 pasaxeiros a bordo morreron.[2] A busca do avión viuse obstaculizada pola severa climatoloxía, con brétema, neve, fortes ventos e chuvia torrencial.[3]

A causa do accidente foi que o piloto voaba demasiado baixo mentre intentaba descender para saír de condicións de formación de xeo. Un erro de navegación puido contribuír a que se producise o sinistro. Un dos falecidos foi o exfutbolista Ramiro Paredes Ramos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "No llegó a su destino el tetramotor "Languedoc" que salió ayer tarde del Campo de Peinador con dirección al Aeropuerto de Barajas". El Correo Gallego. 5 de decembro de 1958. p. 1. 
  2. 2,0 2,1 Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident SNCASE SE.161 Languedoc EC-ANR Guadarrama Mountains". aviation-safety.net. Consultado o 2022-04-01. 
  3. 21 killed in Spanish air crash". The Times. No. 54328. London. 8 de decembro de 1958. col D, p. 8.