Acció Catalana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Acció Catalana (Acción Catalá) foi un movemento político catalanista do primeiro terzo do século XX, creado en 1922 ao redor da Conferència Nacional Catalá, que agrupaba elementos da Joventut Nacionalista da Lliga Regionalista, antigos membros da Unió Federal Nacionalista Republicana e novos intelectuais independentes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Desconforme coa actuación a Lliga, cualificada de pouco nacionalista polo novo partido[Cómpre referencia], o primeiro comité central estivo formado por Jaume Bofill i Mates, presidente, Lluís Nicolau d'Olwer, Antoni Rovira i Virgili, Carles Jordà, Ramon d'Abadal i de Vinyals e Leandre Cervera. O diario «La Publicidad», adquirido polo novo partido e catalanizado integramente (pasou a chamarse «La Publicitat») converteuse no seu órgano de expresión.

Nas primeiras eleccións nas que participou conseguiu uns resultados excelentes. No verán de 1923 pactou cos nacionalistas vascos e galegos a denominada Tripla Alianza. En 1927, o sector máis esquerdista de Acció, encabezado por Antoni Rovira i Virgili, abandonou o partido para crear Acció Republicana de Catalunya.

Caída a Ditadura de Primo de Rivera, participou, por medio de Manuel Carrasco Formiguera, no pacto de San Sebastián (1930), e Lluís Nicolau d'Olwer foi nomeado membro do goberno provisional da República, presidido na clandestinidade por Niceto Alcalá-Zamora. En marzo de 1931, ao fusionarse con Acció Republicana de Catalunya, converteuse en Acció Catalá Republicana.