Absolución
A absolución é unha práctica relixiosa propia de varias igrexas cristiás pola que se libera ó home do pecado.
Catolicismo
[editar | editar a fonte]A absolución é parte integral do sacramento da penitencia: o penitente ten que facer acto de contrición, confesarse e ter propósito de emenda. O sacerdote que lle dea a absolución tivo que ser ordenado validamente e ter a xurisdición, concedida pola autoridade eclesiástica competente, sobre o penitente. A absolución xeral tan só se pode outorgar en casos de emerxencia extrema con perigo de morte inmediata e de sobreviviren os penitentes teñen que realizar unha confesión normal axiña como poidan.
Ortodoxia
[editar | editar a fonte]A absolución forma parte do sacramento da penitencia pero é unha invocación do sacerdote para que Deus lle conceda o perdón dos pecados.
Anglicanismo
[editar | editar a fonte]A absolución usualmente ten lugar despois da Confesión Xeral durante a Eucaristía e é un compoñente do sacramento da confesión. Polo tanto só pode ser realizada por un sacerdote ou un bispo.
Luteranismo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Confesión nas comunidades luteranas.
Os luteranos practican a "confesión e absolución" de dúas formas. Eles ven nos versículos de Sant 5:16[1] e Xn 20:23[2] a evidencia bíblica da confesión.[3] A primeira forma da absolución incorpórase ó comezo do servizo divino, de xeito similar á tradición anglicana. A congregación confesa en silencio os seus pecados, recita o confiteor, e recibe a absolución polo pastor.
A segunda forma coñécese como "Santa Absolución", e se fai privadamente co pastor. O penitente confesa os seus pecados e fai un acto de contrición, e o pastor pronuncia entón a fórmula de absolución.[4]
Na Confesión de Augsburgo, que contén os principios básicos do luteranismo, ensínase que:
Confesión de Augsburgo (tradución: Wikipedia)
Malia a insistencia en conservala, as igrexas luteranas movéronse cara ás absolucións comunitarias, e a práctica da confesión privada ten caído en desuso na maioría das igrexas, con algunhas excepcións,[7] como por exemplo a Igrexa Luterana-Sínodo de Missouri[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SEPT (ed.). A Biblia.
16 Así que confesádevos mutuamente os vosos pecados e rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto.
- ↑ SEPT (ed.). A Biblia.
23 a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
- ↑ Roy Beutel (2014). Xlibris Corporation, ed. Praying Luther's Small Catechism: A Devotional Aid. pp. 50–52. ISBN 9781499021578.
- ↑ Annemarie S. Kidder. Liturgical Press, ed. Making Confession, Hearing Confession. p. 227. ISBN 9780814657294.
- ↑ Lutero, Martiño. Editora Sinodal, ed. CONFISSÃO DE AUGSBURGO — Edição Comemorativa 1530-2005 (en portugués). p. 15. ISBN 9788523307752.
- ↑ Theodore Gerhardt Tappert (edición) (1959). Fortress Press, ed. The Book of Concord: The Confessions of the Evangelical Lutheran Church. p. 34. ISBN 9781451418941.
- ↑ Jennifer Phillips (edición) (2010). Church Publishing, Inc., ed. Ambassadors for God: Envisioning Reconciliation Rites for the 21st Century. p. 41. ISBN 9780898698480.
- ↑ Lutheran Church - Missouri Synod. "Confession and Absolution". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 15 de setembro de 2014.