Abingdon-on-Thames

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°40′00″N 1°17′00″O / 51.66667, -1.28333

Abingdon-on-Thames
Blason ville uk Abingdon (Oxfordshire).svg
ThamesAtAbingdon.jpg
O río Támesis en Abingdon, Oxfordshire
Localización
PaísFlag of the United Kingdom (1-2).svg Reino Unido
NaciónInglaterra Inglaterra
CondadoOxfordshire
Xeografía
Superficie9,09 km²
Demografía
Poboación33 130 habitantes (2011)
Densidade3 645 hab./km²
Outros datos
Código postalOX14
Páxina web oficial

Abingdon-on-Thames é unha cidade e parroquia civil do condado de Oxfordshire de Inglaterra, Reino Unido, comunmente coñecida como Abingdon.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio ocupa unha extensión de 9,09 km².

Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 33 130 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 3 645 hab./km².[2]

Abingdon está 8,9 km ao sur de Oxford e a 8 km ao norte de Didcot, no val do Támesis, na marxe dereita deste río, na súa confluencia co pequeno río Ock.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Abingdon ten un aeroporto (Estación RAF de Abingdon, código IATA: ABB).

A cidade está situada na A145, entre Witney e Dorchester. Limita coa estrada nacional A34, estrada que une as autoestradas M4 e M40. As estradas B4017 e A4183 tamén pasan pola cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Abingdon forma parte do condado de Oxfordshire desde 1974: antes formaba parte do de Berkshire.

Antes de 1867, Abingdon era a principal cidade do condado de Berkshire. Desenvolveuse arredor dunha abadía fundada no século VII. Foi unha cidade importante durante moito tempo, pero quedou algo marxinada no século XIX, en particular a favor de Reading, mellor comnicada polo ferrocarril.

A cidade agora benefíciase do dinamismo da rexión de Oxford e alberga varias empresas de novas tecnoloxías.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Abingdon está irmandada con:

Notas[editar | editar a fonte]