Abingdon-on-Thames
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Inglaterra | ||||
| Rexións | Sudeste de Inglaterra | ||||
| Condado cerimonial | Oxfordshire | ||||
| Distrito non metropolitano | Vale of White Horse (en) | ||||
| Parroquia civil en Inglaterra | Abingdon on Thames (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 33.130 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9,09 km² | ||||
| Bañado por | Río Támese | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | OX14 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 01235 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | abingdon.gov.uk | ||||
Abingdon-on-Thames é unha cidade e parroquia civil do condado de Oxfordshire de Inglaterra, Reino Unido, comunmente coñecida como Abingdon.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio ocupa unha extensión de 9,09 km².
Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 33 130 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 3 645 hab./km².[2]
Abingdon está 8,9 km ao sur de Oxford e a 8 km ao norte de Didcot, no val do Támesis, na marxe dereita deste río, na súa confluencia co pequeno río Ock.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Abingdon ten un aeroporto (Estación RAF de Abingdon, código IATA: ABB).
A cidade está situada na A145, entre Witney e Dorchester. Limita coa estrada nacional A34, estrada que une as autoestradas M4 e M40. As estradas B4017 e A4183 tamén pasan pola cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Abingdon forma parte do condado de Oxfordshire desde 1974: antes formaba parte do de Berkshire.
Antes de 1867, Abingdon era a principal cidade do condado de Berkshire. Desenvolveuse arredor dunha abadía fundada no século VII. Foi unha cidade importante durante moito tempo, pero quedou algo marxinada no século XIX, en particular a favor de Reading, mellor comnicada polo ferrocarril.
A cidade agora benefíciase do dinamismo da rexión de Oxford e alberga varias empresas de novas tecnoloxías.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Abingdon está irmandada con:
