Cenk
Cenk | |
---|---|
Orixe | Lausana, Suíza ![]() |
Período | 2003- |
Xénero(s) | Rock |
Membros | JYC, Fab, Soko, Nico e Xurxx |
Antigos membros | Markass, Dédé, Sivan, Sarah |
Na rede | |
web do grupo | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cenk é un grupo de rock-folk formado no ambiente universitario da cidade de Lausana, Suíza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras un ano cambiando membros e tratando de compoñer temas, o grupo dá o seu primeiro concerto a mediados do 2004 con tres membros (Fab, Soko e Xurxx) acompañados dunha caixa de ritmos. Tras atopar un batería (Nico), Cenk grava unha maqueta ao vivo e dá unha serie de concertos por Suíza.
A finais do 2005, trala chegada dun novo guitarrista (Markass), o grupo grava unha nova maqueta, Canari Esquimau de Nonante Kilos, que lles permitirá gañar o cualificativo de terceira banda rock suíza máis prometedora do ano segundo a revista Realrocker.
No 2006, realízase a xira Galiza Calling na que o grupo dará os seus primeiros concertos fora da Confederación Helvética, achegándose a Galicia durante o verán. A finais de ano, Markass deixa a banda. Chega entón JYC (guitarra e saxofóns).
No 2007 o grupo participa no disco recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, interpretando o tema "Antuerpe".
Estilo e membros[editar | editar a fonte]
O estilo do grupo autodenominouse "ska-punk celta" tras inspirarse en bandas galegas coma O Jarbanzo Negro, Os Papaqueixos, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou bandas estranxeiras como The Real McKenzies, Dropkick Murphys ou Flogging Molly.
Os membros actuais do grupo son na actualidade Nico (batería e coros), JYC (guitarras, saxofóns e coros), Fab (baixo e coros), Soko (guitarra e coros) e Xurxx (frautas, gaita, teclados, electrónica e voz).
Discografía[editar | editar a fonte]
- Canari Esquimau de Nonante Kilos (Autoeditado, 2005).
- Chantons ensemble un Nouveau Krack (Autoeditado, 2009).
Compilatorios[editar | editar a fonte]
- 120 capadores (Falcatruada, 2007): Antuerpe
Outros datos[editar | editar a fonte]
- O tema "Vox populi" foi utilizado para a sección de presentación de discos novos do programa radiofónico Aberto por Reformas.