Aberración da luz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Representación xeométrica do concepto da aberración da luz estelar.

Denomínase aberración da luz á diferenza entre a posición observada dunha estrela e a súa posición real, debido á combinación da velocidade do observador e a velocidade finita da luz.

A cuantía desa diferenza depende da velocidade do observador e da dirección do movemento. A aberración da luz debida ao movemento da Terra ao redor do Sol denomínase aberración anual; foi descuberta por James Bradley en 1728, constituíndo a primeira proba directa do movemento da Terra ao redor do Sol.

A diferenza máxima entre a posición observada e a posición real dun astro acada un máximo de 20.47 segundos de arco, denominándose constante de aberración. O fenómeno da aberración da luz utilízase para medir por trigonometría a distancia á que se atopa unha estrela próxima, denominándose entón paralaxe anual, e definíndose con esa base a unidade de distancia interestelar: o pársec, definido como a distancia á que está un astro que presenta unha paralaxe anual dun segundo de arco, e equivale a 3,2616 anos luz.

Por aberración tamén se coñece ao conxunto de defectos ópticos que pode presentar un sistema óptico. Pode ser cromática (dependente da lonxitude de onda) ou acromática. Entre as aberracións máis comúns están a aberración esférica, o coma e o astigmatismo.