Abelardo López Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Abelardo López Varela, nado en Miño, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornaleiro de profesión. Foi un dos impulsores da Agrupación Socialista de Miño con María Vázquez Suárez en 1933. Na asemblea constituinte da AS clebrada en marzo de 1936, foi elixido secretario.[1] Logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Miño e foi elixido segundo tenente de alcalde.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. O 11 de agosto de 1937 conseguiu fuxir na lancha pesqueira "La Golondrina" xunto con Ricardo Pérez Medín e outros nove compañeiros e logrou chegar a Francia. Abríuselle causa en Ferrol por rebelión militar (sustración da motora Golondrina) e foi declarado fuxido e en rebeldía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]