Abel Tomé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Outes, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Premios | |
| |
Abel Tomé, nado en Outes en 1984, é un xornalista e escritor en lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou secundaria no IES Poeta Añón. Fixo un ciclo de Frío Industrial e chegou a traballar como soldador. Logo estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. En 2018 realizou un mestrado en Dereitos Humanos.[1]
En 2017 quedou finalista do Premio de narrativa Illa Nova con A noite do corvo.[2] En 2019 gañou o mesmo premio con A noite do lobo, na que o xurado destacou que «o autor emprega unha prosa dinámica, contida, na que nada sobra e coa que logra construír imaxes contundentes»;[3] e ademais subliñou que "o dominio da lingua e a escolla dos topónimos e antropónimos colaboran, sen dúbida, a engrandecer a ficción".[4]
En 2022 quedou finalista do Premio Merlín con Liliam Strawberry e o paxaro da morte[5], que gañou en 2024 con Milú e o edificio das persoas extraordinarias.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- A noite do corvo (2018).Vigo: Galaxia. 204 páxs. ISBN 978-84-9151-170-0.[7][8][9]
- A noite do lobo (2019). Vigo: Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9151-357-5.[10][11] Foi traducida ao inglés.[12]
- A noite do oso (2024). Vigo: Galaxia. 190 páxs. ISBN 978-84-1176-219-9.[13]
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Liliam Strawberry e o paxaro da morte (2023). Ilustracións de Blanca Vila. Vigo: Xerais, Merlín. 184 páxs. ISBN 978-84-1110-266-7.[5] ePub: ISBN 978-84-1110-282-7.
- Milú e o edificio das persoas extraordinarias (2024). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-548-2. ePub: ISBN 978-84-1110-593-4.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2013: xunto a outros compañeiros, o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.
- 2015: primeiro premio de poesía Revista A Pipa.
- 2019: Premio de narrativa Illa Nova con A noite do lobo.
- 2024: Premio García Barros por A noite do Oso.[14]
- 2024: Premio Merlín por Milú e o edificio das persoas extraordinarias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Abel Tomé". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ "A noite do corvo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Lamas, Jorge (2019-05-05). "Abel Tomé gaña o Premio Illa Nova con «A noite do lobo»". La Voz de Galicia. Consultado o 2019-05-05.
- ↑ "Abel Tomé gaña o premio Illa Nova coa novela "A noite do lobo"". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-05.
- ↑ 5,0 5,1 "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "Os Premios Xerais 2024 son para Marta Villar, Raquel Fernández e Abel Tomé". Praza Pública. 2024-06-08. Consultado o 2024-06-08.
- ↑ Penelas, Patricia (2018). "A renovación da novela negra galega: A noite do corvo,Abel Tomé, Editorial Galaxia, 2018, 204 páxinas". Grial: revista galega de cultura 56 (219): 98–99. ISSN 0017-4181.
- ↑ Agrafoxo, Xerardo. "A Noite Do Corvo, De Abel Tomé. Café Barbantia". cafebarbantia. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ Eyré, Xosé M. (2018-10-31). "crítica de A NOITE DO CORVO (Abel Tomé, Galaxia)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06.
- ↑ "A noite do lobo". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-09-04.
- ↑ Penelas, Patricia (xullo, agosto, setembro 2019). "A consolidación de Tomé na narrativa galega". Grial LVII (223): 75. ISSN 0017-4181.
- ↑ Dunne, Jonathan. "Night of the Crow". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ "A noite do oso". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-06-20.
- ↑ Sara (18 de abril de 2024). "Abel Tomé gaña o Premio García Barros 2024 con “A noite do Oso”". Editorial Galaxia. Consultado o 7 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista a Abel Tomé: A noite do Corvo. galiciaalive.com. 30/08/2018