Aavasaksa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Aavasaksa ao fondo
Vista desde Aavasaksa

Aavasaksa é un outeiro de Finlandia que se localiza na provincia de Laponia, no concello de Ylitornio preto do río Torne que fai fronteira con Suecia e a 70 quilómetros da vila de Tornio. A súa altitude é de 242 metros destacando sobre o resto do territorio circundante e conformando desde 1994 un dos Paisaxes Nacionais de Finlandia elixidos polo Ministerio de Medio Ambiente.

O lugar foi unha das principais etapas da expedición enviada por Lois XV e dirixida por Pierre Louis Moreau de Maupertuis (1736-1737) co obxectivo de medir a lonxitude dun grao do arco de meridiano á altura do círculo polar para determinar con máis precisión a forma da Terra, e que confirmou a teoría de Isaac Newton de que era aplanada nos polos como unha mandarina. Tamén deixou constancia do seu paso a expedición do explorador italiano Giuseppe Acerbi mentres observaba o sol de medianoite dirixíndose ao Cabo Norte. Aavasaksa tamén foi elixido en 1845 como un dos vértices do sistema de medicións xeodésicas coñecido como Arco Xeodésico de Struve.