A sombra cazadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A sombra cazadora
Autor/a Suso de Toro
Orixe Galicia Galicia
Lingua Galego
Colección Fóra de Xogo
Xénero(s) Novela xuvenil
Editorial Edicións Xerais de Galicia
Data de pub. 1994
Páxinas 208
ISBN ISBN 84-7507-841-9

A sombra cazadora é unha novela de Suso de Toro. Foi publicada en 1994 por Edicións Xerais de Galicia. En edicións posteriores modificou o texto, ampliándoo en diferentes aspectos. Proba da súa boa acollida por parte dos lectores é que no ano 2013 saíu do prelo a súa 18ª edición.

Trama[editar | editar a fonte]

Dous irmáns, Clara e un rapaz do que non se saberá o nome ata as páxinas finais, viven co seu pai descoñecendo por completo o mundo exterior. Dous días antes da maioría de idade de Clara, o pai vainos preparando: ensínaos a conducir, entrégalles bonos para o autobús e explícalles a causa da súa reclusión. El fora un famoso presentador de televisión que, para evitar os estragos da idade, convencera a nai dos rapaces para crear por ordenador unha imaxe del, mais esta imaxe “rouboulle a mirada” e fíxose dona das pantallas; nese momento foi cando se pecharon nese terreo. Agora a imaxe descubriu a existencia dos fillos e quererá acabar con eles.

O día do aniversario o pai suicídase e eles deben saír ao mundo exterior nunha aventura que se converterá nunha viaxe de iniciación e ao mesmo tempo nunha fuxida da Imaxe.

Diríxense á casa do padriño, para o que son axudados polo Toco, mais axiña terán que fuxir á Zona de Sombra ao seren denunciados ante a Imaxe polo fillo do padriño. Alí será onde se saiba o nome do rapaz, o que lle servirá para vencer a Imaxe.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra, na súa primeira edición, está estruturada en catro partes de moi diferente extensión e un epílogo:

“Outro día no paraíso” (5 capítulos)

“Unha sombra no paraíso” (16 capítulos)

“A caverna e as sombras” (16 capítulos)

“Benvido á casa” (2 capítulos)

Todos os capítulos están narrados en primeira persoa, cunha focalización interna variable, alternando os puntos de vista dos dous irmáns (ademais dalgúns capítulos postos en boca do pai ou do Toco).

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Clara, a protagonista, moza de 18 anos que desde a morte da nai levou a casa na que vive recluída a familia e criou o seu irmán e que agora dirixirá os pasos dos dous pola cidade descoñecida.
  • O irmán, de quen non sabemos o nome ata o final, comezou a tatexar á morte da nai e recupera a fala un día que escoita a nai chamándoo “fillo” mentres viven aínda na propiedade.
  • O pai, culpábel do encerro da familia pola súa cobiza e que se suicida para salvar os fillos.
  • O Toco, adolescente pai dunha nena, Estrela, que vive nas rúas e que os guiará polo subsolo ata a casa do padriño e posteriormente ata a Zona de Sombra.
  • O padriño, que os agocha na súa casa e lles explica como chegar á Zona de Sombra.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor como L'ombra caçadora, publicado en 2001 por Editorial Columna, na colección Columna jove[1].
  • Ao portugués por Artur Guerra e Cristina Rodríguez como A sombra caçadora, publicado en 1999 por Dom Quixote, na colección Minoría absoluta[2].
  • Ao castelán por Suso de Toro co título de La sombra cazadora publicado en 1995 en Ediciones B[3].
  • Ao inglés por Antonio Raúl de Toro Santos e David Clark como The Hunting Shadow publicado en 2013 por Galebook.net[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]