A praga escarlata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A praga escarlata
Título orixinalThe Scarlet Plague
Autor/aJack London
OrixeEUA
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Tema(s)Novela postapocalíptica
Xénero(s)Novela
Editorial London Magazine
Galicia Urco editora
Data de pub. 1912
Galicia 2009
PáxinasGalicia 126
ISBNGalicia 978-84-937142-2-2
TraduciónTomás González Ahola
editar datos en Wikidata ]

A praga escarlata é unha novela postapocalíptica do autor estadounidense Jack London, publicada en 1912 na revista London Magazine co título orixinal en lingua inglesa de The Scarlet Plague. A obra foi traducida ao galego por Tomás González Ahola e publicada por Urco editora en 2009.

Trama[editar | editar a fonte]

A acción ten lugar en California no ano 2073, sesenta anos despois dunha terríbel epidemia, a praga escarlata, que afectou á maior parte da poboación humana en todo o mundo. James Howard Smith, un dos poucos superviventes da época anterior á praga, vive na rexión de San Francisco con tres dos seus netos.

Smith explícalles que el era profesor universitario de literatura, e cóntalles o modo en que a praga comezou en Londres e Nova York, estendéndose por todo o mundo. Smith refuxiouse canda a catrocentas persoas na facultade de Química, pero ante os saqueos e roubos vividos na cidade e as mortes por mor da enfermidade, o grupo minguado decidiu marchar cara á zona rural ao sueste. Ao cabo, quedou el só, e logo de varios anos sobrevivindo contactou con outro grupo de xente. Os superviventes tiveron descendencia, a partir da cal naceron os tres netos: Edwin, Beizodelebre e Hu-Hu.

Consciente de que lle queda pouco tempo de vida, procura transmitirlle aos seus netos a súa sabedoría e os seus valores, así como a importancia da transmisión do coñecemento. Porén, os seus esforzos son baldíos, pois seguen un método de vida de cazadores-recolectores e non conciben a caída da civilización que o seu avó lles conta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]