A nosa xeración (festival)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Festival da Canción Infantil A nosa xeración | |
---|---|
Localización | Europa |
Anos | Dende 2022 |
Nº edicións | 0 (polo momento) |
Fundadores | |
Data | Outubro (1 edicións) |
Xénero | Todos |
Organizador | Carousel |
Web oficial | https://www.ourgeneration.tv/ |
Na rede |
O Festival da Canción Infantil "A nosa xeración" (Конкурс детской песни "Наше песни) ou simplemente A nosa xeración (Наше полене) é un festival internacional anual, que terá a súa primeira edición en Moscova, Rusia no outono do ano 2022. O festival é a contraparte rusa do tamén festival anual Eurovisión Júnior (como tamén foi o Festival de Intervisión con Eurovisión para os países de Europa do Leste).
O obxectivo principal da primeira edición do festival é popularizar a arte popular e preservar as tradicións culturais, que foi a sinatura do Decreto No 745 do Presidente de Rusia que declara 2022 como o Ano do Patrimonio Cultural dos Pobos da Rusia.[1][2]
Orixe e historia
[editar | editar a fonte]O festival ten como orixe a retirada de Rusia de Eurovisión (debido á invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022 por parte de Rusia) e a súa expulsión da UER. La emisora Carousel encargada da participación de Rusia no festival de Eurovisión Júnior dixo que estaba a preparar a entrada do país ata o último momento.[3][4]
O mesmo día, revelouse que a emisora celebraría o seu propio festival tras a expulsión de todas as emisoras rusas da UER. O festival chamarase A nosa xeración e terá a súa primeira edición en Moscova no outono de 2022.[5][6]
Regras
[editar | editar a fonte]- A composición da canción debe ser nova e non asociada a ningún selo discográfico.
- A duración dunha canción debe ter de 2 minutos e 50 segundos a 3 minutos.
- A idade dos participantes debe ser entre os 9 e 15 anos.
- As votacións serán tidas en conta nun 50% por un xurado profesional e nun 50% polo público asistente. O gañador do festival será o participante con máis puntuación.
- No escenario pode participar un grupo dun máximo de 6 membros.
- O texto da composición presentada deberá estar escrito nun 60% na lingua nativa do participante, e o 40% restante nunha das oito linguas máis faladas do mundo (inglés, castelán, francés, chinés, árabe, ruso, portugués ou alemán).
Sedes
[editar | editar a fonte]Ano | País | Cidade | Lugar | Participantes | |
---|---|---|---|---|---|
2022 | Rusia | Moscova | Academia de Igor Krutoy | 0 |
Participantes
[editar | editar a fonte]Polo momento non se deu a lista de países e territorios que poden participar no festival. Aínda que confirmouse que poden participar Rusia e as autoproclamadas repúblicas de Donetsk e Luhansk.[7]
Ano | Países segundo comezan a participar |
---|---|
2022 | Rusia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Moscova acollerá o Concurso Internacional de Cancións Infantiles "A nosa xeración-2022"". press-release.ru. European Broadcasting Union. 30 de xuño de 2022.
- ↑ "Putin declarou 2022 Ano do Patrimonio Cultural dos Pobos de Rusia". rbc.ru. European Broadcasting Union. 4 de xullo de 2022.
- ↑ "European Broadcasting Union supends russian broadcasters". eurovoix.com. European Broadcasting Union. 29 de maio de 2022.
- ↑ "A aceptación de solicitudes para o concurso Junior Eurovisión 2022 está pechada". escplus.es. European Broadcasting Union. 4 de xullo de 2022.
- ↑ "Russia Launches “Our Generation” Song Contest to Compete with Junior Eurovision". eurovoix-world.com. European Broadcasting Union. 1 de xullo de 2022.
- ↑ "Un novo festival internacional de cancións infantil celebrarase en Moscova". ria.ru. European Broadcasting Union. 5 de xullo de 2022.
- ↑ "Festival de cancións infantís "A nosa xeración""
|url=
incorrecto (Axuda). фондкультурныхинициатив.рф. European Broadcasting Union. 1 de xullo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do Festival da Canción Infantil "A nosa xeración" (en ruso)
- Páxina do festival na rede social "VKontakte" (en ruso)