A entrevista de Luís XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A entrevista de Luís XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns
Traite-Pyrenees.jpg
ArtistaJacques Laumosnier
Data1660
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións89,1 cm × 130 cm
LocalizaciónMuseo de Tessé (Le Mans, Flag of France.svg Francia)

A entrevista de Luís XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns (en francés: Entrevue de Louis XIV et de Philippe IV dans l'île des Faisans), é unha pintura ó óleo sobre lenzo obra do pintor Jacques Laumosnier en 1660.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A Guerra dos Trinta Anos que enfrontaba aos reinos dos Habsburgos e os seus aliados contra aqueles reinos contrarios ao poder destes, enfrontou a España e Francia por este motivo. A guerra entre ambos reinos durou dez anos e finalizou coa derrota española na batalla das Dunas de 1658 e coa sinatura do Tratado dos Pireneos o 7 de xullo de 1659 na illa dos Faisáns, situada sobre o río Bidasoa que separa ambos países.

Descrición[editar | editar a fonte]

Tapiz de Charles Le Brun[2] representando a mesma escena situado na Embaixada de Francia en Madrid.

A pintura representa o encontro entre o rei Luís XIV de Francia e Filipe IV de España na illa dos Faisáns o 7 de xuño de 1659, no cal o monarca español entregaba á súa filla María Tareixa ao francés como esposa.[3] O encontro serviu tamén para asinar o Tratado dos Pireneos, que poñía fin á guerra dos Trinta Anos.

Polo lado francés poden verse á raíña viúva Ana de Austria, irmá do rei de España e nai do francés. Tamén aparecen o duque Filipe I de Orleáns e o cardeal Jules Mazarin –plenipotenciario do rei–.[2][3]

Pola parte española, o rei Filipe IV aparece acompañado da súa filla María Tareixa, o seu fillo e herdeiro Carlos, o Conde-Duque de Olivares Luis de Haro –plenipotenciario do rei–,[2] e un dos organizadores do encontro Diego Velázquez, que nese momento contaba con sesenta anos de idade.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joconde - Portail des collections des musées de France" (en francés). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Ambassade de France à Madrid (3 de xuño de 2016). "Tapices de los Gobelinos" (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hélène DUCCINI. "« Le traité des Pyrénées », Histoire par l'image [en ligne]," (en francés). Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]