A Ponte Olveira, Olveiroa, Dumbría
A Ponte Olveira | |
---|---|
Parroquia | Olveiroa |
Concello | Dumbría |
Coordenadas | 42°57′51″N 9°01′12″O / 42.964159465823, -9.0199530297262 |
Poboación | 26 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Ponte Olveira é un lugar da parroquia de Olveiroa no concello coruñés de Dumbría na Comarca de Fisterra. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 28 habitantes (15 homes e 13 mulleres).
Localización
[editar | editar a fonte]Sitúase a carón do río Xallas, enfronte da aldea da Ponte Olveira (Corzón, Mazaricos) e ambas recibe o seu nome da ponte que cruza o río, construíuda no século XVI sobre unha anterior medieval e modificada en 1962,[1] sobre a cal discorre a estrada provincial DP-3404. Ten seis vaos de arcos de medio punto, con pedra de perpiaño.
Por aquí discorre o camiño de Fisterra-Muxía, prolongación do camiño de Santiago. Aparece citado en 1477 no Anónimo Florentino e nos itinerarios de Christoph Guzinguer (1654) e Domenico Laffi (1673). Segundo a documentación recollida polo historiador Francisco Mayán, durante a Guerra da Independencia Española tivo lugar unha batalla das xentes da zona contra as tropas francesas, baixo o mando do cura do Ézaro, Xoán Pispieiro. As tropas francesas arrasaron a zona ao seu paso cara a Cee e Corcubión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. V. Lado (13 de marzo de 2018). "La carretera que nunca quiso el puente de A Ponte Olveira". La Voz de Galicia (en castelán).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Olveiroa
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Olveiroa no concello de Dumbría (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Dumbría
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Ponte Olveira, na Xacopedia (en castelán).