Saltar ao contido

Buxantes, Dumbría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buxantes
ConcelloDumbría[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°58′26″N 9°07′04″O / 42.973846, -9.117883
Área29,88 km²
Poboación500 hab. (2024)
Densidade16,73 hab./km²
Entidades de poboación18[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Buxantes[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Dumbría. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2024 tiña 500 habitantes (239 homes e 261 mulleres), 37 menos ca en 2018 (279 mulleres e 258 homes nese ano segundo o Instituto Galego de Estatística) e 242 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Buxantes derivación do termo vixiantes.[2] Aparece, por primeira vez nun documento do ano 1152, no que Afonso VII lle fai doazón ao mosteiro de Moraime do coto e reguengo de San Pedro de Vigiantes, con tódalas súas pertenzas.[3]

Dende os montes de Buxantes divísase toda a ría de Corcubión. Dende o alto de Miñóns vese desde Lira ata Fisterra, e era o lugar idóneo para apostar vixiantes que se encargaban de alertar as poboacións costeiras, mediante fogatas, da incursión dalgún barco sospeitoso, sobre todo viquingos ou normandos que asolaron Galicia entre os séculos IX e XII.

En 1152, o emperador Afonso VII xunto cos seus fillos Sancho e Fernando, doa ao mosteiro moraimés, sendo abade D. Juan, a igrexa de S. Pedro de Vigiantes (Buxantes) co seu couto “e con todo o seu realengo, que me pertence, a saber, según empeza na ribeira de Ésar (Ézaro) e de alí polo retamar de San Clemente (San Cremenzo) e polo monte da Cruz e de alí pola división entre Verenes (Brens) e por Castro Trevedo e polo camiño da isla Peladoria e de alí pola Mullermorta até a pena de Lebor e de alí por riba de Pedralonga e remata pola mesma Pedralonga até a ribeira do Ésar (Ézaro) onde se comezou o primeiro (…). Feito este documento en Toledo, en 1152, 20 de maio”.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Buxantes

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Buxantes no concello de Dumbría (A Coruña)

Anseán | O Brazal | Busto | A Carballa | O Carboal | A Casanova | Castro | Cerván | Figueiroa | A Filgueira | A Grixa | Martín | Miñóns | A Pelexa | As Teixoeiras | Vilar | Vilar de Paraíso | Xestosa

Desaparecidos: A Fontesanta

Parroquias de Dumbría

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dumbría

Berdeogas (Santiago) | Buxantes (San Pedro) | Dumbría (Santa Baia) | O Ézaro (Santa Uxía) | Olveira (San Martiño) | Olveiroa (Santiago) | Salgueiros (San Mamede)

  1. 1 2 3 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. 1 2 Benlloch del Río, José Enrique (2012). "Acotacións históricas de Moraime" (PDF). Nalgures VIII: 9–43.
  3. Benlloch del Río, José Enrique; Velo Pensado, Ismael (2015). "La documentación medieval del priorato de Moraime (I)" (PDF). Nalgures XI: 30–32.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]