A Nosa Galiza (radio)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Nosa Galiza.
A Nosa Galiza foi un programa radiofónico dirixido e presentado por Manuel Fernando González na emisora Radio Miramar de Barcelona entre 1973 e 1981. Emitíase os domingos de 11:00 a 12:00 e realizábase en lingua galega e entre os seus colaboradores estivo gran parte da intelectualidade galega residente na cidade condal, e mais tamén outros residentes en Galicia, como Adolfo Fernández Oubiña, Olegario Sotelo Blanco, Basilio Losada, Manuel María, Xesús Mato, Alfonso Bozzo, Manuel Rodríguez López ou Xosé Lois García Fernández.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanco Campaña, Xosé Luís (1995) Radio e prensa na Galicia Exterior. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, p. 36.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Nosa Galiza, A". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.