A que pasa por ser a banda de música máis antiga de Galicia segue sen dar atopado a data exacta da súa orixe, aínda que existen documentos do século XIX que xa se refiren á grande afección que naqueles tempos tiña o pobo ribadaviense polas bandas de música. Un documento[2] do Concello de Ribadavia dá conta da regularización salarial que se lle fai aos mestres dunha escola de música, fundada unha década atrás, en recoñecemento do seu traballo, transcendencia e repercusión social na vila.
Denque aquela data promóvese unha Sociedade Filharmónica[2] que vai estar centrada na formación da mocidade, asumindo a súa dirección Luis de Nessone. Durante os anos a banda divídese e únese por desavinzas políticas, destacando A Lira e A Nova Lira, unha liberal e outra conservadora, pero ao pasar dos anos volven converxer na mesma banda que perdura ata a actualidade.